O martes 9 de xuño os nenos e nenas de 6 de Infantil realizamos unha saída de final de curso ao Camping Os Fieitás en San Vicente - O Grove.
Despois dunha agradable viaxe en autobús chea de emoción, na que non paramos de falar e cantar, alí estaban os monitores de Fieitás agardándonos para ensinarnos as instalacións do camping.
Pola mañán coma o día estaba un pouco cuberto de nubes fixemos as actividades de monte. Divididos en grupos contruimos vivacs, cabanas e currais aproveitando os recursos naturais e incluso fixemos camiños e preparamos a leña para facer unha fogueira. Alí puidemos disfrutar dunha pequena merenda.
De volta ao camping preparámonos para comer e ao rematar fumos xogar as camas elásticas.
Pola tarde, xa con moi bo tempo, fumos a praia de San Vicente, fixemos xogos, andivemos na area e mollámonos todos.
Pouco antes de coller o autobús de volta a Vigo merendamos e despedímonos dos monitores de Fieitás que tan ben nos acolleron e que fixeron que tivéramos un día moi especial.