AVALIACIÓN DO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE E AFONDAMENTO NA APRENDIZAXE COOPERATIVA

Dentro das liñas do PFPP "Deseño e desenvolvemento curricular no marco do modelo competencial" e "Escolar inclusiva e atención á diversidade" estanse desenvolvendo no centro as seguintes actividades de formación que  son implementadas nas aulas:

- Afondamento na Aprendizaxe cooperativa.

- Deseño e desenvolvemento curricular no marco do modelo competencial.

Partindo da docencia por parte de relatores externos (Jose Ramón Lago, experto en AC da Universidade de Vic) e do asesoramento por parte das asesoras do CFR de Vigo,   realizamos todo un proceso de implementación no centro dos diferentes ascpetos da Aprendizaxe Cooperativa e da integración das competencias clave na aprendizaxe do noso alumnado.

 

MELLORA DAS COMPETENCIAS CLAVE

Recollemos unha actuación para a mellora do éxito escolar co obxectivo de lograr unha educación de calidade para todo o alumnado e desenvolver ao máximo posible as súas capacidades.

MELLORA DAS COMPETENCIAS CLAVE DIRIXIDO A TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Coa finalidade de potenciar a mellora das competencias clave e elevar os niveis de éxito escolar e os resultados escolares levamos a cabo un proxecto de centro de carácter interdisciplinar, a través do que pretendemos mellorar a convivencia e asumir os valores da aprendizaxe cooperativa, co obxectivo de acadar un maior éxito escolar e persoal. Este curso, este é o noso proxecto:

 

 

           PROXECTO 17-18

 

 

Prroxectos de cursos anteriores:

   

    
                    

PLAMBE

A biblioteca Escolar está ao servizo da comunidade educativa, ofrecendo documentos en variados soportes, como apoio das distintas aprendizaxes e tamén da lectura de lecer. É lugar de traballo no desenvolvemento da actividade docente, con recursos actualizados e ordenadores con acceso a internet.

Os seus fondos móvense constantemente nos empréstitos ás aulas, empréstitos individuais e mochilas viaxeiras que circulan polas casas.

Arredor da Biblioteca organízanse actividades de contacontos, visitas de autores, fomento da lectura, formación de usuarios, educación documental... que conduzan ao alumando a ser lectores e lectoras competentes, tan necesario para desenvolverse na sociedade actual e para formarse como persoas.

A biblioteca dispón tamén dunha sección para as familias e horario de apertura polas tardes.

Dende o ano 2007 está integrada no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación.

Aquí están algunhas das nosas actividades:

 


PLAN DE FOMENTO DE USO DO GALEGO

O ENDL ten entre os seus obxectivos normalizar e potenciar o uso dalingua galega en todos os ámbitos da comunidade escolar, e recuperar e manter a tradición e a cultura galegas. A tal fin leva acabo numerosas actuacións ao longo do curso nas que se implica, sempre que sexa posible, a todo o alumnado e profesorado. Aquí tendes algunhas destas actividades:


Powered by Drupal - Design by artinet