CPInclúe: INCLÚE-T

Coa finalidade de fomentar e mellorar a inclusión de todo o alumnado no centro atendendo á diversidade e á inclusión educativa e social desenvolveranse no centro toda unha serie de actividades e metodoloxías activas como son: a colaboración con asociacións que traballan na diversidade funcional, a aprendizaxe cooperativa, o deseño de tarefas integradas con estruturació cooperativa atendendo ás pautas do Deseño Universal da Aprendizaxe, a accesiblidade cognitiva, a docencia compartida...

 

 

CPInclúe: IGUÁLA-T

Coa finalidade de potenciar entre o noso alumnado a coeducación, a promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a prevención e tratamento da violencia de xénero, a promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual..., desenvólvense no centro toda unha serie de actividades: mochilas viaxeiras temáticas, a promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual...; o estudo do papel da muller dentro do proxecto interdisciplinar anual de centro; o estudo de mulleres influíntes na historia en distintas culturas; actividades conmemorativas en datas sinaladas; familias lectoras con lecturas temáticas...

EDUSAÚDE e PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA (DAFIS, MILLA DIARIA, PVDA E XOGADE)-PROXECTA +

O proxecto de vida activa e deportiva busca coordinar todos os esforzos da comunidade educativa dentro e fóra do horario lectivo e dentro e dentro e fóra do centro escolar para aumentar a actividade física dos nosos escolares dentro do Plan Galicia Saudable. Para isto, o Plan Proxecta + e EDUSaúde da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, ofrece distintas ferramentas. EDUSaúde, DAFIS, MILLA DIARIA, PVDA e XOGADE son as ferramentas elixidas dende o centro para comezar o proceso de construción desta dinámica activa da nosa comunidade escolar.  

Powered by Drupal - Design by artinet