O próximo 22 de xuño celebrarase o FESTIVAL ESCOLAR DO CEIP DE LAREDO no auditorio do Piñeiral do Crego ( Chapela de Arriba ) ao que estades convidadas todas as familias. Está previsto que sexa de 10:00 a 12:00 co seguinte programa:
Por mor dunha folga de transportes (20/21 de xuño) o festival programado para o día 21 pasa ao 22 de Xuño en breve enviarase unha circular cos horarios e as entradas.
Esta semana que entra (12-16 de xuño) o alumnado de todos os cursos terán a oportunidade de degustar diariamente froitos exóticos de diferentes países e lugares, a cargo de explicacións do alumnado de 6º de Primaria:
O alumnado de educación infantil é recoñecido pola empresa MATTEL dentro do seu concurso "Seguriconsejos de SAM" co primeiro premio en Seguridade Infantil polo seu traballo no que vivencian as precacucións que se deben ter en conta os perigos do día a día.
Achegamos a relación de axudas para o Comedor xestionado pola ANPA
Todas as axudas en http://novocurso.ceipdelaredo.com
A SEA (Sociedad Española de Acústica) e a EAA (European Acoustics Association) recoñecen o proxecto http://mapasonoro.ceipdelaredo.com co máximo diploma de excelencia polo traballo realizado polo alumnado de 5º+6º (en colaboración con 3º+4º)...dentro dos 680 traballos presentados a nivel nacional e internacional.