Galería Fotográfica Obradoiro de Pepe Solla

Acceso á galería de fotos

Espectacular obradoiro dun dos mellores cheffs galegos ao noso alumnado de 5º+6º: ciencia, fiolosfía de vida, matemáticas, actitude, ironía, música, cultura...100% competencias nunha charla no que vivenciamos a física con ovos así como probamos "ovos que non eran ovos" enganando os sentidos. O seu lado máis cariñoso e amable coas preguntas dos rapaces grazas ao cal puidemos coñecer a un Pepe Solla músico. De agasallo unha receta de honra para o noso comedor "Berete ao Laredo by Pepe Solla" no que o alumnado sacando ao azar ingredientes argallou rapidiño unha receta de alta cociña...Para finalizar todo o centro xunto co xurado: Mara Bastos, Desiree González, e as profes Lorena e Paula entregaron as culleres de ouro, prata e bronce as mellores elaboracións da nosa Plasticociña e o alumnado aproveitou para pedir autógrafos e sacarse fotos.

Grazas a todas as familias por participar e grazas Pepe esperámoste no II Concurso de Plasticociñeiros no vindeiro curso 2017-2018.

Acceso ao reportaxe na CRTVG: https://www.youtube.com/watch?v=W8LlBbOpRKo&feature=youtu.be 

Fíos na rede: https://twitter.com/search?f=tweets&vertical=default&q=pepe%20solla%20from%3Aceiplaredo&src=typd