Recoñecemento Europeo pola SEA "Los Sonidos de mi Entorno"

A SEA (Sociedad Española de Acústica) e a EAA (European Acoustics Association) recoñecen o proxecto http://mapasonoro.ceipdelaredo.com co máximo diploma de excelencia polo traballo realizado polo alumnado de 5º+6º (en colaboración con 3º+4º)...dentro dos 680 traballos presentados a nivel nacional e internacional.

Asi mesmo invitan ao centro e aos seus alumnos/as a que expoñan o seu traballo no simposio internacional de acústica que se celebrará na Universidade da Coruña en outubro de 2017. 

Grazas a todas as familias por colaborar!.