Programa Festival de Fin de Curso 2016-2017

O próximo 22 de xuño celebrarase o FESTIVAL ESCOLAR DO CEIP DE LAREDO no auditorio do Piñeiral do Crego ( Chapela de Arriba ) ao que estades convidadas todas as familias. Está previsto que sexa de 10:00 a 12:00 co seguinte programa:

  • ▪ Infantil 3 anos; BAILE DRILO EL COCODRILO.
  • ▪ Infantil 4 anos; BAILE EL BAILE DEL FARAÓN.
  • ▪ Infantil 5 anos; BAILE MOMIAS DE COLORES.
  • ▪ 1º primaria; REPRESENTACIÓN NATACIÓN SINCRONIZADA.
  • ▪ 2º primaria; RECITADO DE POEMAS DE ROSALÍA.
  • ▪ 3º primaria; POESÍA “MEMORIA DO MAR” LUAR NA LUBRE – BAILE MADRE TIERRA.
  • ▪ 4º primaria; CANCIÓN ON ÉCRIT SUR LE MUR.
  • ▪ 5º primaria; MIX ROMANO.
  • ▪ 6º primaria; MUSICAL!
  • ▪ ACTO DE FIN DE ESTUDIOS DO ALUMNADO DE 5 ANOS.
  • ▪ ACTO DE FIN DE ESTUDIOS DO ALUMNADO DE 6º.

Por motivos de espazo rogámosvos que limitedes a asistencia a 2 persoas por familia, e aínda así non está garantido que haxa sitio para todos. Pregámosvos que non accedades á zona de sillas habilitada para os alumnos; lembrade que haberá un “fotógrafo oficial” e despois colgaranse todas as fotos e videos na páxina do cole.

* É obrigatorio, para o acceso ao recínto, a presentación da entrada co carimbo do centro, a cal enviarase ao longo desta semana.