Blog en clave de lamas antiguo

radioantiguo

En clave de Lamas: blog radio escolar

DÍA DA POESÍA 23

No club de Radio quixemos conmemorar o Día da Poesía cun podcast onde se recitan tres poemas: Dous de Charo Golmar “Primavera” e “Prefacio” e outro de Mónica I. Varela “Soños nas mans”.

  

DÍA MUNDIAL DA RADIO.

Hoxe, para conmemorar o Día Mundial da Radio, o alumnado de 5º B participou en directo no programa que organizaba Ponte nas Ondas sobre Patrimonio e a Radio e a Paz. O alumnado desprazouse ate a Facultade de Ciencias da Comunicación e asistiu como público á entrevista que lle fixo o alumnado do IES Rosalía de Castro ao Rector e a Vicerrectora da Universidade, ao Alcalde e ao Conselleiro de Educación.

Despois trasladáronse a outro estudio onde emitiron o seu programa sobre a experiencia "Cóntame un Conto".

Unha saída moi enriquecedora para todos/as a vivida esta mañá. Viva a Radio!

 

SUL E NEI. NOMES DE CAN.

¿Coñecedes ou tedes algún can que se chame Sul ou Nei?
Desde o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, solicítannos axuda ao cole do Lamas para unha investigación que está realizando o seu alumnado de 3º da ESO.
Esta investigación, a cal, estendemos a toda a comunidade educativa do Lamas, ten que ver coa transmisión oral e os cans.
Precisan coñecer se alguén ten ou coñece cans co nome de Sul e Nei. Estes nomes de Xenerais franceses chegaron aos nosos días coma nomes de cans. Algo realmente curioso despois de transcorrer máis de douscentos anos.
A continuación Carolina, Claudia, Paula e Lucía de 6º C cóntanvos a historia.

 

POSTA EN MARCHA CLUB DE RADIO

Coincidindo coa resolución definitiva da convocatoria da Asesoría de Bibliotecas do programa Radio na Biblio, na que continuamos xunto a outros 137 centros de Galicia, o pasado venres puxemos en marcha para o alumnado de 6º de primaria un novo Club de Radio.

Todos os mércores durante os recreos, xuntarémonos para ir traballando nos distintos aspectos da radio: edición, dicción, guións, entrevistas,... para posteriormente ir realizando os nosos podcast que iremos subindo a este novo blog.

Tamén desde as distintas titorías poderán seguir empregando a radio cando o consideren.

Distribuir contido