O prazo para facer a Solicitude será do 1 ao 21 de marzo.
Procedemento Admisión (só para novo alumnado)
- Solicitude de admisión mediante:
o A presentación do Anexo II (adxuntos) no centro do 1 ao 21 de marzo (consultar horario de secretaría)
o Entregandoa a través da sede electrónica da xunta; www.edu.xunta.es/admisiónalumnado
- Documentación:
- DNI do neno/a e dos proxenitores.
- Libro de Familia (orixinal e copia para o cotexo).
- Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo
- No caso de separación ou divorcio,a Solicitude tamén debe ir asinada polos dous agás convenio regulador ou sentenza xudicial que o determine.
- Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo (só no caso de haber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 24 de marzo ao 6 de abril.
- Publicación provisional das persoas admitidas e non admitidas 22 de abril.
- Reclamación ás listaxes provisionais nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas 13 de maio.
Fase de matrícula
- - Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria entre o 20 e o 30 de xuño.
Normativa Reguladora (poden consultala pinchado nelas)
Orde do 18 de decembro de 2020
ENLACE Á INFORMACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN NA WEB DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
CALENDARIO DE ADMISÓN DE ALUMNADO. CURSO 2022/23
Adxunto | Tamaño |
---|---|
INDICACIÓNS PARA CUBRIR ANEXO II.pdf | 5.18 MB |
ANEXO II.pdf | 1.12 MB |