Skip to Content

Renovación Parcial dos membros do consello escolar

 

CIRCULAR DIRECCIÓN I  2021/22

 

De acordo coa Resolución do 20 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, infórmase sobre o proceso electoral para a renovación parcial dos membros do CONSELLO ESCOLAR correspondente a este curso 2021-22. En base a citada normativa o noso centro educativo elixirá a 2 mestres/as, 1 PAS (persoal administración e servizos) e 3 nais/pais, así coma suplentes para cada posto. Deste xeito o Consello Escolar manterá a representatividade que lle corresponde a cada sector da Comunidade Educativa .

 

Dende a dirección do centro queremos animarvos a PRESENTAR AS VOSAS CANDIDATURAS aos postos que se renovan, e por suposto, a votar aos que se presenten no sector do que formades parte (as datas para cada fase do proceso serán establecidas pola XUNTA ELECTORAL). Este proceso se iniciará  coas seguintes actuacións:

 

·        28 de outubro de 2021 (no edificio administrativo ás 12:50 horas): SORTEO PÚBLICO para elixir aos integrantes e suplentes do órgano que regulará o proceso, é dicir, a XUNTA ELECTORAL: 1 mestre/a, 1 pai/nai e 1 PAS . Como é preceptivo, a XUNTA ELECTORAL estará presidida polo director do centro.

 

·        4 de novembro: constitución da XUNTA ELECTORAL que organizará e definirá o proceso e o calendario do mesmo fixando a data para as votacións, tal e coma está establecido na Resolución, entre o 22 e o 26 de novembro.

 

Unha vez constituída a Xunta Electoral recibiredes mais información sobre os aspectos e datas concretas a ter en conta no desenvolvemento deste proceso.

 

 

AdxuntoTamaño
1 1ªCircular informativa inicial.doc78 KB


page | by Dr. Radut