Skip to Content

Comunicado para as Familias

Estimadas familias,

Agardamos que teñades disfrutado deste verán atípico en compaña dos vosos fillos e fillas, aos que estamos desexando ver de volta nas aulas.

Imaxinamos que teredes escoitado moitas novas sobre o inicio deste curso. Como sabedes, atopámonos nun momento de incertidume e de adaptación a unha situación totalmente nova e nós aínda non podemos, aínda que nos pese, darvos respostas concluíntes posto que os protocolos van cambiando en función da evolución da pandemia (espérase que o luns 7 haxa un novo protocolo).

O que si podemos é asegurarvos que o claustro e o persoal non docente do CEIP Plurilingüe Lagostelle estamos a traballar para garantir unha volta segura ás aulas, cumplindo todas as medidas de hixiene, limpeza, distancia e organización que se nos marcan desde a Consellería. En canto teñamos os Plans definitivos publicarémolos na web para que poidades lelos con calma e ir preparando aos nenos e nenas para os novos cambios.

Queremos transmitirvos tranquilidade e pedirvos colaboración e paciencia, que comprendades que é unha situación nova tamén para nós e que seguramente cometeremos erros e haxa que aprender deles buscando sempre o mellor para o noso alumnado, que é a nosa prioridade.

Pedímosvos que ante calquera dúbida vos poñades en contacto co centro. Ao longo desta semana iremos colgando novas e avisos na páxina web así que estade atentos e atentas.

Unha aperta para todos e todas.

 

 



page | by Dr. Radut