Skip to Content

Probando, probando

Probando, Probando...

Onte, xoves día 2 de maio, o alumnado de 4º de Educación Primaria visitou varios locais do concello, concretamente Xoldra, Soa e Centro para executar unha receita. Unha actividade dentro dun proxecto que temos iniciado neste trimestre que leva por nome, Probando, probando. Antes desta saída o alumnado, en equipos, e despois de ter recibido formación con Lucas Requejo, tiña elaborada unha receita para convertela nunha tapa. Atrás quedaron días de cálculos matemáticos, cartas, esquemas... estudo de temas como a materia e as súas propiedades, xeografía galega, produtos de denominación de orixe galega, produtos ecolóxicos...todo para poder entrar nunha cociña e materializar unha idea. Os hostaleiros acolléronnos de marabilla. Xa o tiñan feito coa idea do proxecto, por iso foi posible. Cada grupo entrou a cociñar e o resto de compañeiras e compañeiros entraban para ver e facer anotacións. Despois de cociñar tocaba probar. Desta actividade viñemos con moitas axudas e recomendacións para seguir avanzando e conseguir unha tapa que non deixe o padal indiferente de quen as probe. Nestes días volveremos saír para que os tres grupos que quedan por estar diante dos fogóns, cociñen. Un día moi enriquecedor no que non deixamos de agradecer a todas as persoas o seu tempo e axuda para facelo posible.

 

 

foto_grupo_probando_probando

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                   

 

 

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut