Skip to Content

Blogues

Recomendacións para o familias.

Estimadas familias:

1.- Lamentamos que se tivese que  chegar a este estado de alarma, pero o prioritario é a saúde das persoas. Por iso todos unidos venceremos o  virus.

2.- O profesorado irá subindo á Aula Virtual no apartado "Recomendacións de traballo..." (parte superior desta páxina) propostas de  actividades, cuaderniños,  tarefas de  investigación, .... Desculpen se hai problemas  coa  lentitude  de  internet.

3.- Estas actividades  non son  avaliables, por  tanto  non  son obrigatorias. Xa que de feito somos concientes de que haberá alumnado que non dispoña dos  medios tecnolóxicos axeitados.

4.- Seguemento. Haberá profesorado que pida  facer un seguemento  màis   continuo e  outros que  preferirá corrixir  as actividades  ao  reincorporarse ao  centro.

5.- Duraciøn . En principio a suspensión da actividade académica dura 14  dias desde  hoxe.

5.- O dia 19 é festivo e o 20 colleramolo como dia  non lectivo. Por  iso perdemos, realmente, 8  dias lectivos.

6.- O profesorado tentará recuperar da mellor maneira posible o tempo no que non houbo actividade  académica na medida do posible.

7.- Pregamos desculpas polos inconvintes que poida ocasionar esta situación e pedimos comprensión para superar esta situación da  mellor  maneira posible!!

 

                                                                                                                                                         Grazas
                                                                                                                O profesorado do CEIP  LAGOSTELLE

Novas

Os membros do Equipo docente do Ceip Plurilingüe Lagostelle estamos traballando para dar a mellor resposta posible ante a grave situación que se nos presenta.

Pregamos a vosa comprensión e que sexades pacientes.

CORONAVIRUS - NOTA INFORMATIVA

Podemos facelo!!We can do it!!

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o profesorado e o persoal non docente do Ceip Lagostelle, decidimos levar a cabo esta orixinal iniciativa para lembrar que entre todos podemos e debemos traballar pola igualdade desde a escola (visionar o video adxunto).

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2020-2021

 

Comeza o prazo de "Admisión de alumnado de nova incorporación" para o curso 2020-2021

O venres publicamos, no taboleiro exterior do noso centro, a información necesaria para formalizar o proceso de admisión. Información que agora subimos á páxina web.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:ATA O 23 DE MARZO DE 2020

Desfile do Entroido!!

 

Mandados do Entroido

Aquí vos deixamos os Mandados do Meco para este Entroido!!! (mirar adxunto).

Programa PIALE

A mestra Cristina Vázquez realizou unha estadía durante o mes de novembro en Canada. E quere compartir esta experiencia coa comunidade educativa no seguinte blogue.

 

https://pialeincanada.blogspot.com/

 

Recollida de xoguetes!!!

Estimadas familias:

 

Como todos os anos pedimos a vosa colaboración na recollida de xoguetes que non usedes e que estén en bo estado. No centro darémoslles unha segunda vida. Podedes entregalos en conserxería e xa os repartimos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut