Skip to Content

I CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN

 

 

Gran éxito de participación na I Carreira Solidaria en favor da asociación Save the Children.

Grazas á vosa colaboración patrocinando as/os corredoras/es conseguimos recadar 1192,90 euros, superando con creces as nosas expectativas!

Xunt@s podemos facer grandes cousas!

 

 
 

Representantes nais/pais/titores legais no Consello Escolar

Trala votación realizada o pasado Martes 27 de Novembro, no que se elexían os representantes do sector de nais, pais e titores legais no Consello Escolar, as candidatas elexidas foron:

Diana Bargo da Silva

Belinda Costa Núñez

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN

O vindeiro martes 27 de novembro levaremos a cabo a carreira "Kilómetros de solidaridad", organizada dende a asociación Save The Children.

O obxectivo e traballar a defensa e promoción dos dereitos da infancia tanto dentro como fora da aula.

Quedades tod@s convidad@s a animar aos nosos corredores a partir das 12 da mañá, agardámosvos!

 

 

 

(Para máis información clicade no logo)

CELEBRACIÓN DO DÍA DO PEÓN

O pasado mércores 14 de Novembro coa proximidade da celebración do San Martiño celebramos o Día do Peón.

Para iso contamos co director do Melga Ricardo Perez e Verdes quen levou a cabo unha serie de actividades na que os nenos e nenas do noso colexio achegámonos máis a figura do peón, trompo, buxaina... Premede no reprodutor de vídeo ou no enlace do museo onde os contamos máis do que fixemos.

 

Curso 2018-19

 

O vindeiro mércores 12 de Setembro comezará o curso en horario de 11.00 a 13.00 horas. A partires das 13.00 horas o transporte fará o seu percorrido.

Distribuir contido


by Dr. Radut