Skip to Content

Proxecto Ríos

Poemas fluviais. Quinto de primaria

O alumnado de quinto escribiu uns poemas coa temática dos ríos. Aquí tendes unha mostra dalgúns deles:

Reptís. Quinto de Infantil.

No río Grande tamén podemos atopar algunhas especies de reptís. Algúns deles están moi adaptados a vivir na auga e nas zonas húmidas de ribeira.

Investigamos sobre a culebra viperina, tamén chamada culebra de auga, xa que é unha excelente nadadora e pode bucear para buscar as súas presas (ras, sapos, peixes...).

 

Insectos. Quinto de Infantil

Nos últimos días estivemos estudiando os insectos, eses pequenos animais de seis patas.

 

 Investigamos sobre a libélula e o zapateiro.

 

O zapateiro é moi curioso porque as súas patas están adapatadas para camiñar sobre a superficie da auga. Para poder facelo aproveitan unha propiedade da auga, a tensión superficial.

 

 

Saída ao Río Grande. Cuarto de primaria.

O día 12 de xuño fixemos unha saída ao río Grande como colofón ao proxecto que estamos levando a cabo. Esta actividade foi dirixida por Paco Bañobre, da asociación ecoloxista Adega. Primeiro explicounos que características tiñan os ecosistemas fluviais e a diversidade que estos albergan.

 Despois meteuse no río cun trueiro para coller algúns animais que viven nas plantas e no leito do río.

As mostras metéronse nunhas bandexas. Con moito coidado e coa axuda dunhas pinzas buscamos macro invertebrados que separamos nuns pequenos recipientes.

Atopamos moitas larvas de libélulas e cabaliños do demo que observamos con lupas. Todos os animais e plantas que sacamos do río foron devoltos á auga.

Para finalizar a actividade analizamos as características físico químicas da auga. Collemos tres mostras nuns tubos e engadímoslles os reactivos correspondentes para poder determinar o estado da auga.

Observamos que o osixeno disolto na auga era máis ou menos o axeitado, que o PH era neutro e que o nivel de nitróxeno era o correcto. Xuntando toda esta información concluimos que o estado da auga do río Grande é bo, aínda que é conveniente sinalar que nos días previos choveu de forma abundante e esto axuda a mellorar os resultados obtidos.

 

 

Mamíferos do río Grande. Quinto Infantil.

No mes de xuño estivemos estudiando algúns mamíferos do rio Grande, entre eles a lontra, o auganeiro e a rata de auga.

 

 

 

O aguaneiro é un mamífero moi curioso. O seu fuciño ten forma de trompa e sérvelle para buscar larvas de insectos e pequenos crustáceos, que constituen o seu principal alimento. É un animal moi escaso e difícil de ver. Como se alimenta de larvas acuáticas sensibles á contaminación a súa presencia nun río é considerada como un bo indicador da limpeza das súas augas.

 

Anfibios do río Grande. Quinto de Infantil.

No mes de maio comezamos a estudiar os anfibios que viven no río Grande. Uns están no propio río e outros en pequenos regatos, lavadoiros e charcas próximos ao río. Estudiamos a ra, o sapo, a píntega e o tritón. Uns destos anfibios pertencen á familia dos anuros, que son moi curiosos porque non teñen cola. Outros teñen veleno na pel como a píntega e o sapo, polo que se os tocamos pode irritar a nosa pel.

 

Aforro de auga

O 97,5% da auga do noso planeta atópase en mares e océanos de auga salgada. Únicamente o restante 2,5% é auga doce. Desta pequena porcentaxe de auga doce 2/3 atópase en estado sólido nos polos e nos cumios das montañas. Por este motivo temos unha porcentaxe moi baixa de auga doce para o consumo dos seres vivos.

 

 

E de toda a auga existente na terra só un 0,007% é potable, e esta porcentaxe vaise reducindo progresivamente pola contaminación. Así temos que concienciarnos e comezar a aforrar auga doce porque estase reducindo de forma notable.

 

Dende Educación Infantil estamos poñendo o noso pequeno gran de area aforrando auga e pechado a billa da auga cando non a necesitamos.

 

 

Peixes dos nosos ríos: Infantil 4 anos

Na aula seguimos clasificando os animais en mamíferos, aves, peixes, anfibios... Agora estamos investigando sobres os peixes que habitan no río Grande. Tamén vimos o nome das principais partes do corpo dos peixes.

Ruta da auga. Quinto e sexto de primaria.

O alumnado de maior idade do centro percorreu un tramo da ruta da auga de Zas. Na súa visita puideron observar as especies vexetais que atopamos na ribeira do río Grande. Tamén puideron ver algunhas aves, anfibios, insectos e moluscos que habitan neste rico ecosistema.

Cabaliño do demo.

 A lesma, coma o caracol, é un molusco gasterópodo, pero a diferencia deste non ten cuncha.

 Bolboreta

 Zapateiros

Curso dun río. Terceiro de primaria.

O alumnado de terceiro estivo construindo unha maqueta do percorrido dun río. Dividiron o río en tres zonas: curso alto, medio e baixo. Na maqueta tamén indicaron algúns dos elementos máis destacados. Este foi o resultado final e todo o proceso creativo:

 

Estudiando as ras e as árbores. Sexto de Infantil.

O alumnado de Infantil optou por estudiar as ras, uns anfibios mois comúns no ecosistema do río Grande. Estudiaron o seu ciclo de vida e principais características. Ao mesmo tempo tamén investigaron sobre algunhas árbores de riberia. Estos son os resultados das súas investigacións:

 

Fauna de río. Primero de primaria.

O alumnado de primeiro estivo investigando os animais de río e elaborando un mural. Clasificaron os distintos animais en diferentes categorías: mamíferos, peixes, aves, reptís e anfibios.

Aquí podedes ver o mural totalmente rematado:

Batáns e muíños do Mosquetín

Como xa se comentou noutras entradas, no curso medio do río Grande, no lugar do Mosquetín (Vimianzo), podemos atopar un conxunto de muíños e batáns que está totalmente restaurado e funcional. Un dos alumnos trouxo ao centro un folleto informativo. Esto é o máis interesante:

 

Aves de ribeira. Infantil 4 anos

En quinto de infantil comezamos a clasificar os animais en mamíferos, aves, reptís, anfibios e insectos segundo as súas características. Esta semana empezamos polas aves.

Estos son algúns dos nosos traballos:

Investigando sobre muíños e anfibios. Quinto de Infantil.

Aproveitando o bo tempo un dos alumnos, acompañado da súa familia, fixo unha saída ao río Grande. Visitou o muíño de Quintás, e alí atopou un par de ras.

 

Presa do muíño.

Presa do muíño.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut