Skip to Content

Proxecto Ríos

Investigando sobre os peteiros das aves. Sexto de primaria.

En sexto estivemos investigando sobre os diferentes tipos de peteiros dos paxaros en función da súa alimentación. Esto si que é adaptación ao medio!!!

O ciclo da auga. Quinto de Infantil

Estos días en Infantil estivemos estudiando o ciclo da auga. Vimos o importante papel que xogan os ríos neste proceso.

Vimos o papel que xogan o río, o mar, o sol, as nubes, o vento, a chuvia e as montañas.

 

 

 

 

 

Inundacións 20 de xaneiro

Inundacións do río Grande provocadas polas fortes chuvias destos días (borrasca Fien). Como se pode ver nas imaxes o río saíu da súa cande inundando varias leiras e cortando unha estrada local. Fotos tomadas a primeira hora da mañá na zona de Torelo (Vimianzo).

 

Asolagamento do río Grande ao seu paso pola vila de Baio. Foto tomada no paseo fluvial.

 

 

Investigando sobre fauna e flora de ribeira. Sexto de primaria.

Estos días o alumnado se sexto estivo investigando sobre os animais e prantas característicos dos nosos ríos.

 

 

 

Primeiras inundacións no río Grande

 

 O día 20 de decembro de 2022 producíronse os primeiros asolagamentos do río Grande. Nas imaxes pódese observar que o río está fóra da súa canle.

Fotos tomadas a primeira hora da mañá no lugar de Santa Irena, Vimianzo.

17 anos unindo ríos e persoas

En 2005 naceu o Proxecto Ríos en Galicia, coordinado por ADEGA, cos propósitos de divulgar a situación ambiental dos nosos cursos fluviais, contribuír a incrementar a concienciación ambiental a través da participación cidadá e aportar solucións aos problemas asociados á auga e aos ríos, así como de convertese nun referente nos programas de educación e voluntariado ambiental. Na actualidade este proxecto está promovido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través dos organismos Augas de Galicia e Instituto de Estudos do Territorio.

Proxecto Ríos

Este curso imos a participar no Proxecto Ríos coa colaboración da organización ecoloxista Adega.

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Consiste na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de voluntarios co obxectivo de facerenos responsables da vixilancia ou adopción do río que pasa pola nosa localidade, neste caso o río Grande de Baio.

Se queredes máis información sobre o Proxecto Ríos podedes premer sobre a imaxe:

                  

Distribuir contido


by Dr. Radut