Skip to Content

Recíclate con Sogama

Disfraces con materiais de reciclaxe

   Neste Entroido o "Meco" mandounos moitas cousas, entre elas facer complementos para os nosos disfraces empregando materiais reciclados das nosas casas. Deste xeito tamén implicamos ás familias no proxecto animándoas a reciclar e a reutilizar. Estos son algúns dos exemplos do alumnado de infantil:

 

 

 

 

 

 

 

 

Reutilizamos - Prantamos árbores en bricks

   Xa fai unhas semanas que prantamos varios carballos e comezan a xerminar. As landras foron aterradas en bricks de leite que foron reciclados e decorados polo alumnado. Estos son os resultados obtidos:

 

 

 

 

 

 

 

Xogo "Un partido polo planeta"

   O martes 26 de febreiro recolleron o xogo itinerante "Un partido polo planeta". Durante oito días lectivos o alumnado de primaria puido disfrutar do xogo en pequenos grupos. O xogo resultou interesante e a través del se puxeron en práctica moitos contidos aprendidos ata o momento.

 

 

 

Convocatoria dos "Premios aos mellores proxectos de obras de arte con material de refugallo"

   A Consellería de Educación e SOGAMA convocaron conxuntamente os premios aos mellores proxectos de obras de arte con material de refugallo correspondentes ao programa "Recíclate con Sogama" 2018-19.

 

     Con estos premios preténdese promover o interese do alumnado pola reutilización e o reciclaxe, demostrando que os residuos albergan un gran potencial e poden transformarse en recursos ou obras de arte con alto valor creativo. 

 

     A temática será libre, pero debe levar implícita a reutilización de residuos. Só será admitida a presentación dunha obra por centro. Poderán presentar a súa candidatura a esta convocatoria os 25 centros participantes no programa "Recíclate con Sogama". Os premios serán os seguintes:

Primer premio: financiación dunha viaxe ao parque acuático de Cerceda, autobús e entradas (50-55 prazas) e diploma acreditativo.

Segundo premio:  financiación do aluguer dun autobús (50-55 prazas) para unha xornada a calquer lugar de Galicia e diploma acreditativo.

Tercer premio: unha táblet e diploma acreditativo.

 

     O plazo de presentación das obras remata o día 29 de abril de 2019 e teranse en conta os seguintes criterios para valorar as obras: 

   Porcentaxe de uso de materiais de refugallo.

   Creatividade e orixinalidade.

   Mensaxe medioambiental a transmitir.

   Valor estético e artístico da obra.

 

No seguinte enlace pódense consultar as bases completas da convocatoria destes premios:

 

 

"R" DE REDUCIR - Envoltorios dos bocadillos

Temos que tratar de reducir os envoltorios (papel de alumnio, plástico film...) que se utilizan para envolver os bocadillos cando xa veñen dentro das fiambreiras. Se empregamos unha fiambreira no é necesario usar outro tipo de envoltorios a maiores, coa fiambreira xa é suficiente. Deste modo reduciremos considerablemente o número de refugallos depositados no contedor amarelo.

 

 

 

 

 

XOGO "Un partido polo planeta"

Xa chegou o xogo itinerante "Un partido polo planeta". O xogo estará no noso centro ata o día 26 de febreiro. O xogo componse de:

Un taboleiro.

Tarxetas con preguntas ou probas.

Fichas-balón.

Instruccións.

O xogo está instalado na biblioteca de infantil.

 

 

 

 

 

 

 

RECICLAXE DE CARTUCHOS DE TÓNER

No centro, ao igual que faremos coas pilas, comezaremos a recoller cartuchos de tóner e tinta usados. Para recollelos temos dúas caixas, unha situada na entrada da sala de profesores:

 

 

 

 

e outra caixa de maior tamaño na planta baixa do edificio de primaria:

 

 

Nesta caixa recolleremos os cartuchos de maior tamaño. Unha vez que teñamos as caixas cheas levaranse ao punto limpo para a súa posterior reciclaxe.

 

RECICLAXE DE PILAS

Xa temos un bote para recoller todo tipo de pilas usadas. Cando esté cheo levarase a un punto limpo.

 

 

 

O bote está ubicado no hall de entrada do edificio de primaria, no moble onde asinan as familias:

 

 

 

ACLARACIÓNS SOBRE RECICLAXE

   No centro atopámonos con algunhas dúbidas á hora de clasificar algúns materiais. Despois de facer a correspondente consulta pasamos a relacionar unha serie de residuos así coma o contedor onde deben depositarse:

 

Panos de nariz usados, servilletas de papel e papel del cociña usados: aínda que se non están coloreados ou impresos poderían ir no recipiente do compost, é máis recomendable que se depositen no contedor verde (xenérico) xa que a súa abundancia no centro suporía un exceso de papel no composteiro. Recordemos que o  compost será de maior calidade canto máis variedade de residuos leve.

Palliñas de zume ou de refresco: no contedor verde. Son de plástico, pero non son nin envases nin envoltorios.

Papel onde van pegados os gomets ou pegatinas: como se trata dun papel plastificado debe ir no contedor verde. Non reciben o mesmo tratamento que o papel normal.

Papel charol e papel de seda: se está libre de restos (pegamento, cera, graxa...) debe ir ao contenedor azul (papel e cartón).

Goma eva: vai no contedor verde (xenérico - resto).

 

 

 

 

 

"R" DE REDUCIR - Botellas de plástico dun só uso

   No programa Recíclate con SOGAMA tamén queremos reducir o consumo de recursos. Para elo, nas merendas, intentaremos substituir as botellas de auga dun só uso por botellas reutilizables (tipo cantimplora). Deste modo o número de botellas de plástico que acaban no contedor amarelo será moito menor. 

 

   Ao comezo do curso apenas se empregaban botellas reutilizables, agora case o 50% son recipientes reutilizables:

 

 

   

Intentaremos que o 100% das botellas que empregamos na aula sexan reutilizables para reducir considerablemente o volumen de refugallos. Dende aquí animamos a todos os grupos a seguir a mesma medida. 

 

Non ás botellas dun só uso!!!   

XOGO XIGANTE ITINERANTE

   Dende o día 14 de febreiro, e ata o 26, imos a ter a nosa disposición un xogo xigante que vai itinerando entre os 25 centros participantes no programa.

O nome do xogo é "Un partido polo planeta" e este é o seu taboleiro:

 

Xogo xigante itinerante

 

 

Instruccións do xogo en arquivos adxuntos:

 

COMPOSTEIRO

    Xunto coas illas de reciclaxe e os contedores das aulas puxemos en funcionamento  composteiro. O composteiro está ubicado na horta do centro e servirá para facilitar a descomposición biolóxica dos materiais orgánicos xerados no centro. De el obteremos compost, que poderá ser empregado como fertilizante na horta ou no xardín. O abono obtido neste proceso convértese nun excelente abono xa que é un produto rico en nutrientes e contribuen a que as plantas teñan unha maior resistencia ás pragas e enfermidades.

 

   O composteiro é un recipiente que facilita a circulación do aire no seu interior, onde se introducen restos orgánicos, permitindo unha óptima accesibilidade, tanto para depositar residuos coma para extraer o abono resultante. A súa función é a de manter as condicións axeitadas de temperatura e humidade para a elaboración do compost. O composteiro acelera o proceso de compostaxe e facilita o control das condicións aceitadas de temperatura, humidade e osíxeno.

 

 

 

 

 

Materiais a depositar no composteiro: Para obter un compost de calidade, o mellor é utilizar unha ampla variedade de materiais, tendo en conta que, canto máis triturados están, maior será a radidez da súa descomposición.

 

O que sí podemos depositar:

   Restos de comida (froitas e verduras, cascas de ovo, pan, pasta e arroces cocidos).

   Pousos de café, té, infusións.

   Cinzas e serrín de madeira non tratada.

   Restos de poda, raíces, follas, céspede...

   Restos da colleita da horta (sen pesticidad nin fitosanitarios).

   Esterco de animais herbívoros.

   Fibras naturais, pelos, plumas...

 

Non podemos depositar:

   Aceites vexetais ou minerais.

   Restos de plantas enfermas ou con pesticidas.

   Madeira tratada con pintura ou vernices.

   Produtos lácteos.

   Peixe ou carne.

   Excrementos humanos ou de animais domésticos carnívoros (cans, gatos...).

   Medicamentos.

   Cueiros desechables.

   Obxectos duros, pedras, vidro, metal, plástico, bicks, baterías...

 

 

 

 

CONTEDORES NAS AULAS

   Dende principios da semana pasada contamos cun xogo de contedores en cada aula de infantil e primaria. Tamén temos instalados xogos de contedores na aula de inglés, música e plástica, así como nos pasillos de ambos edificios. Xa estamos preparados para facer unha correcta clasificación dos residuos xerados no cole.

 

Xogo de contedores das aulas

 

 

 

Ademais en cada aula contamos cunha presentación impresa do programa e un manual de compostaxe doméstica.

 

 

 

FORMACIÓN PARA 5º E 6º

O martes día 8 de xaneiro recibimos a visita dunha técnico de medio ambiente envíada polo programa Recíclate con SOGAMA. Na biblioteca amarela esta especialista en reciclaxe explicou ao alumnado de 5º e 6º de primaria a forma correcta de clasificar os residuos xerados no centro. 

 

 

 

 

 

XORNADAS INFORMATIVAS EN PRIMARIA

O venres 11 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º tamén pasau polo resto das aulas de primaria para informar aos seus compañeir@s sobre o funcionamento do programa:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut