Skip to Content

Recíclate con Sogama

RECICLAXE DE CARTUCHOS DE TÓNER

No centro, ao igual que faremos coas pilas, comezaremos a recoller cartuchos de tóner e tinta usados. Para recollelos temos dúas caixas, unha situada na entrada da sala de profesores:

 

 

 

 

e outra caixa de maior tamaño na planta baixa do edificio de primaria:

 

 

Nesta caixa recolleremos os cartuchos de maior tamaño. Unha vez que teñamos as caixas cheas levaranse ao punto limpo para a súa posterior reciclaxe.

 

Despois de varias semanas as caixas xa empezan a encherse:

 

 

 

 

RECICLAXE DE PILAS

Xa temos un bote para recoller todo tipo de pilas usadas. Cando esté cheo levarase a un punto limpo.

 

 

 

O bote está ubicado no hall de entrada do edificio de primaria, no moble onde asinan as familias:

 

 

 

ACLARACIÓNS SOBRE RECICLAXE

   No centro atopámonos con algunhas dúbidas á hora de clasificar algúns materiais. Despois de facer a correspondente consulta pasamos a relacionar unha serie de residuos así coma o contedor onde deben depositarse:

 

Panos de nariz usados, servilletas de papel e papel del cociña usados: aínda que se non están coloreados ou impresos poderían ir no recipiente do compost, é máis recomendable que se depositen no contedor verde (xenérico) xa que a súa abundancia no centro suporía un exceso de papel no composteiro. Recordemos que o  compost será de maior calidade canto máis variedade de residuos leve.

Palliñas de zume ou de refresco: no contedor verde. Son de plástico, pero non son nin envases nin envoltorios.

Papel onde van pegados os gomets ou pegatinas: como se trata dun papel plastificado debe ir no contedor verde. Non reciben o mesmo tratamento que o papel normal.

Papel charol e papel de seda: se está libre de restos (pegamento, cera, graxa...) debe ir ao contenedor azul (papel e cartón).

Goma eva: vai no contedor verde (xenérico - resto).

 

 

 

 

 

"R" DE REDUCIR - Botellas de plástico dun só uso

   No programa Recíclate con SOGAMA tamén queremos reducir o consumo de recursos. Para elo, nas merendas, intentaremos substituir as botellas de auga dun só uso por botellas reutilizables (tipo cantimplora). Deste modo o número de botellas de plástico que acaban no contedor amarelo será moito menor. 

 

   Ao comezo do curso apenas se empregaban botellas reutilizables, agora case o 50% son recipientes reutilizables:

 

 

   

Intentaremos que o 100% das botellas que empregamos na aula sexan reutilizables para reducir considerablemente o volumen de refugallos. Dende aquí animamos a todos os grupos a seguir a mesma medida. 

 

Non ás botellas dun só uso!!!   

XOGO XIGANTE ITINERANTE

   Dende o día 14 de febreiro, e ata o 26, imos a ter a nosa disposición un xogo xigante que vai itinerando entre os 25 centros participantes no programa.

O nome do xogo é "Un partido polo planeta" e este é o seu taboleiro:

 

Xogo xigante itinerante

 

 

Instruccións do xogo en arquivos adxuntos:

 

COMPOSTEIRO

    Xunto coas illas de reciclaxe e os contedores das aulas puxemos en funcionamento  composteiro. O composteiro está ubicado na horta do centro e servirá para facilitar a descomposición biolóxica dos materiais orgánicos xerados no centro. De el obteremos compost, que poderá ser empregado como fertilizante na horta ou no xardín. O abono obtido neste proceso convértese nun excelente abono xa que é un produto rico en nutrientes e contribuen a que as plantas teñan unha maior resistencia ás pragas e enfermidades.

 

   O composteiro é un recipiente que facilita a circulación do aire no seu interior, onde se introducen restos orgánicos, permitindo unha óptima accesibilidade, tanto para depositar residuos coma para extraer o abono resultante. A súa función é a de manter as condicións axeitadas de temperatura e humidade para a elaboración do compost. O composteiro acelera o proceso de compostaxe e facilita o control das condicións aceitadas de temperatura, humidade e osíxeno.

 

 

 

 

 

Materiais a depositar no composteiro: Para obter un compost de calidade, o mellor é utilizar unha ampla variedade de materiais, tendo en conta que, canto máis triturados están, maior será a radidez da súa descomposición.

 

O que sí podemos depositar:

   Restos de comida (froitas e verduras, cascas de ovo, pan, pasta e arroces cocidos).

   Pousos de café, té, infusións.

   Cinzas e serrín de madeira non tratada.

   Restos de poda, raíces, follas, céspede...

   Restos da colleita da horta (sen pesticidad nin fitosanitarios).

   Esterco de animais herbívoros.

   Fibras naturais, pelos, plumas...

 

Non podemos depositar:

   Aceites vexetais ou minerais.

   Restos de plantas enfermas ou con pesticidas.

   Madeira tratada con pintura ou vernices.

   Produtos lácteos.

   Peixe ou carne.

   Excrementos humanos ou de animais domésticos carnívoros (cans, gatos...).

   Medicamentos.

   Cueiros desechables.

   Obxectos duros, pedras, vidro, metal, plástico, bicks, baterías...

 

 

 

 

CONTEDORES NAS AULAS

   Dende principios da semana pasada contamos cun xogo de contedores en cada aula de infantil e primaria. Tamén temos instalados xogos de contedores na aula de inglés, música e plástica, así como nos pasillos de ambos edificios. Xa estamos preparados para facer unha correcta clasificación dos residuos xerados no cole.

 

Xogo de contedores das aulas

 

 

 

Ademais en cada aula contamos cunha presentación impresa do programa e un manual de compostaxe doméstica.

 

 

 

FORMACIÓN PARA 5º E 6º

O martes día 8 de xaneiro recibimos a visita dunha técnico de medio ambiente envíada polo programa Recíclate con SOGAMA. Na biblioteca amarela esta especialista en reciclaxe explicou ao alumnado de 5º e 6º de primaria a forma correcta de clasificar os residuos xerados no centro. 

 

 

 

 

 

XORNADAS INFORMATIVAS EN PRIMARIA

O venres 11 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º tamén pasau polo resto das aulas de primaria para informar aos seus compañeir@s sobre o funcionamento do programa:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XORNADAS INFORMATIVAS EN INFANTIL

O día 11 de xaneiro dúas alumnas de sexto visitaron as aulas de infantil para informarnos de cómo facer unha correcta clasificación dos residuos xerados na aula. Previamente o alumnado de quinto e sexto recibiu a correspondente formación por parte dunha técnico de medio ambiente e agora transmiten aos máis pequenos o que aprenderon.

A charla informativa fíxose en dúas sesións, a primeira na aula de 5 anos, á que asistiu a metade do alumnado de 4 anos:

 

 

 

 

 

A segunda sesión tivo lugar na aula de 3 anos co resto do alumnado de 4 anos:

 

 

 

 

 

 

 

ILLAS DE RECICLAXE

Dende principios de mes xa instalamos as illas de reciclaxe. Contamos con dous xogos completos, un para o edificio de primaria e outro para o de infantil.

 

Os contenedores para primaria están ubicados no patio da entrada:

 

 Xunto cos 3 contenedores temos outro para materiais orgánicos (á dereita) cos que faremos compost.

 

As illas para infantil decidimos poñelas no pasillo da planta baixa:

 


 

Contedor AZUL: Papel e cartón.

                          Xornais e revistas.

                          Cadernos sen argolas, sen grampas e sen arames.

                          Papel de envolver ou embalar.

                          Caixas de cartón (de galletas, cereais, zapatos...)

                          Envases de papel (de arroz, fariña, azucre...)

                          Cartóns de ovos.

                          Libros.

                          Follas de apuntes.

 

Contedor AMARELO: Envases e envoltorios.

                                 Botellas de plástico que contiveran líquidos.

                                 Botes de plástico que contiveran produtos de aseo ou limpeza.

                                 Tubos de dentífrico.

                                 Bandexas de aluminio, porexpan ou cortiza branca.           

                                 Redes de envoltorios (de froitas, hortalizas e verduras).

                                 Plásticos film e envoltorios de aluminio.

                                 Bolsas de plástico dos comercios.

                                 Envases de plastico de manteiga, iogur ou aperitivos.

                                 Lastas de conserva, de bebidas e de refrescos.

                                 Bricks de leite, de batidos, zumes...

                                 En xeral todos os envases de plástico, latas e bricks.

                                

Contedor VERDE: Xenérico - Resto.

                            Todo o que non se deposite nos demais contedores:

                            Cueiros e compresas.

                            Bastoncillos de algodón.

                            Toallitas desechables.

                            Papeis e cartóns manchados (incluidos panos de papel usados)

                            Papel de alumino sucio.

                            Perchas de plástico.

                            Louza rota.

                            Coiro.

                            Bolígrafos e rotuladores.

                            Envases de cerámica.

                            Espellos e cristais de cerámica.

                            Disquetes, CDs, cintas de video, son...

                            Xoguetes de plástico.

                            Lámparas incandescentes.

 

MATERIAL IMPRESO

Nestes dous arquivos adxuntos podedes atopar unha presentación do programa e unha interesante guía didáctica en formato PDF.

 

Presentación do programa.

Guía didáctica "Recíclate con SOGAMA".

Decorados de Nadal

    Este Nadal decidimos empregar materiais de reciclaxe para decorar o centro. Para elo utilizamos materiais como tapóns de botellas e cartóns para ovos. Estos son algúns dos decorados que fixemos:

 

 

 

 

Inicio do programa

   Benvid@s a tod@s ao programa "Recíclate con SOGAMA". Como ben sabedes somos un dos 25 centros educativos seleccionados para participar na edición 2018-19 deste programa.

   A partir de agora empregaremos esta web para ir informando de todas as novas e actividades que levaremos a cabo no programa.

 

 

Dende aqui animamos a toda a comunidade educativa a participar neste proxecto.

Distribuir contido


by Dr. Radut