Proxecto Voz Natura

EN BAIO TAMÉN SABEMOS COMPOSTAR

     O Xoves 15 de novembro do ano 2012, tivemos unha visita moi interesante. Dentro das actividades de "Voz Natura", que este ano foi adicado a Reciclaxe e aproveitamento de enerxías renovables, surxiu a idea de facer compos. Aproveitando que temos unha horta e que nos interesa moito seguir traballando nela, aproveitamos a ocasión para ampliar as nosas tarefas de campo.

     Fixémonos cunha composteira, e para poder sacarlle maior partido chamamos a ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia), que é unha asociación para o coidado, conservación e reciclaxe da natureza.

               

 

     Logo desa charla, pasamos a acción. Instalamos a composteira na horta e, por ciclos, fomos achegando aos rapaces o proceso de elaboración do compos. A partires de ese momento, xa estamos preparados para elaborar o noso propio reciclado de restos orgánicos que nos vai servir para enriquecer a terra para que a nosa plantación sexa mellor cada ano.

 

         

 

Distribuir contido