Skip to Content

Complementarias.

Cuarto mandamento do Meco 2024

 

Terceiro mandamento do Meco 2024

Segundo mandamento do Meco 2024

CIRCO DE NADAL

Onte o cole quedou baleiro gran parte da mañá pola saída ó Circo do Nadal. Grazas ó ANPA por financiar parte desta saída e facelo posible. Foi unha experiencia que non olvidaremos!

Mulleres de rompe, rasga, pinta e traballa!

Onte, 31 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria, participou da actividade: “Mulleres de rompe, rasga, pinta e traballa” na sede de AFundación en Vigo.

A experiencia foi moi positiva. Os alumnos e alumnas desenvolveron un verdadeiro aprendizaxe significativo ao convertirse, nuns intres, en protagonistas das artes plásticas e artísticas. A partires dunhas información básicas e das súas investigación grupais, construíron os seus propios aprendizaxes elaborando dunha banda un artefacto tridimensional en movemento e doutra, descubrendo algunhas mulleres artistas galegas destacadas no ámbito da arquitectura e a pintura. 

Quedamos moi satisfeit@s...!!

 

Cores en folga!

Durante estas últimas semanas, os grupos de Educación Infantil e 1º e 2º ciclo de Educación Primaria saíron á visita-obradoiro Cores en Folga. Unha esposición de Xulio Gil onde se expuxeron retratos de artístas galegos. A visita consistíu en elaborar unha pócima para devolverlle as cores roubadas ás fotografías; un achegamento ás cores primarias e as gamas de cores. 

Charla nutrición

O vindeiro martes día 17 de outubro, ás 17h., terá lugar unha charla sobre a nutrición impartida polo Dietista e Nutricionista Nicolás Piedrafita.

Esta charla vai destinada a toda a comunidade educativa e alumnado a partir de 3ºEP que lle interese aprender sobre unha correcta alimentación. Terá unha duración aproximada de 40 minutos, máis 20 minutos para resolver dúbidas. Celebrarase no salón de actos.

Recordamos que os nenos/as non poden quedar desatendidos polo recinto escolar durante a duración desta; máis tendo en conta a entrada e saída de camións polas obras que se están levando a cabo no patio. Esperámosvos!

 

Mosaico Mondrian

O alumnado de 6º de Educación Primaria traballa e expón o seu mosaico sobre o proxecto do cole para este curso 2023/2024, ''ARTEllando soños''.

CHARLA SOBRE DROGAS PARA PAIS/NAIS E MESTRES/AS

Hoxe, 31 de maio de 2022, desenvolveuse no salón de actos do colexio unha charla sobre "Que deben saber os pais/nais sobre as drogas" patrocinado polo Concello de Vigo dentro do seu PLAN LOCAL SOBRE DROGODEPENDENCIAS E OUTRAS ADICIÓNS,  e incluído no programa MÁIS QUE UN TEITO. Non podemos esquecer, tamén, a colaboración de ÉRGUETE.

A psicóloga, Lucía Simón, tentou mellorar a calidade da información sobre drogas de que dispoñemos pais/nais e mestres/as, e sobre todo mellorar as actitudes preventivas, que está claro que é a clave do éxito. Debemos ensinar a decidir, educar a persoas que non necesitan sustancias para divertirse, evadirse e relaxarse, promover condutas saudables onde non lles compensa consumir e aprender a auto regularse e pór límites, facendo moito fincapé na resistencia á presión de grupo e acadar unha boa autoestima nos nosos/as fillos/as ou alumnos/as.

Agradecemos a presencia dos pais/nais que acudiron ao colexio para interesarse sobre o tema.

Déixamosvos unha mostra do que se tratou na charla. 

 

 

 

 

 

 

VISITA AO MUSEO DO MAR DE VIGO DE 3º E 4º EP

O miércoles, 20 de marzo, o alumnado de 3º e 4º de EP visitou o museo do mar. 

Fixeron un recorrido polo museo, sobre toda a historia da actividade pesqueira, en xeral: A pesca, o marisqueo e a acuicultura, os avances técnicos nas embarcacións e a bioloxía mariña. Tamén, visitaron o acuario do museo, onde observaron os principais ecosistemas da nosa Ría de Vigo. Puideron observar os tabeiróns, as centolas, peces manta ( e distinguilos dos peces raia) e outras especias características da nosa zona.

Rematou a visita cun "taller sobre submariñismo" . Deixámosvos unhas fotos sobre a evolución do traxe para mergullarse para pescar e un pequeno resumo do que foi a actividade.

Dende logo, foi unha actividade moi enriquecedora para todos eles/as! 

                                               ACUARIO                                           

 

CRÍAS DE PEIXES  

   

                                                          MANTA OU RAIA?

 

    1º SUBMARIÑO DE SANJURJO BADIA 

      

                   EVOLUCIÓN DO TRAXE SUBMARIÑO     

  

RECORRIDO POLO MUSEO, INCLUIDO CHACHALOTE

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut