Skip to Content

Complementarias.

NOVOS HOMENAXES AS PIRAGÜISTAS TERESA PORTELA E ROSA BARROS

Onte, 7 de abril de 2022 o colexio quixo conmemorar ás piragüistas: ROSA Mª BARROS e TERESA PORTELA. Nun recuncho do noso patio colocamos unha placa conmemorativa polo seu esforzo e superación.

Gracias Rosa por transmitir ao noso alumnado  o entusiasmo e o esforzo polo deporte. 

Grazas Teresa por ese vídeo cariñoso cara o profesorado e alumnado do centro. 

Sodes un exemplo para todos nós!

 

ROSA BARROS

 

 

 

 

TERESA PORTELA

 

 

CHARLA SOBRE ALIMENTACIÓN

O pasado martes 29 de marzo, a Cruz Vermella veu a darnos un coloquio sobre a alimentación saudable onde aprendemos a importancia dos bos alimentos sobre o noso organismo, además de hábitos saudables como a actividades física. Foi moi interesante!

 

           

Excursión a Leitariegos 21-22

Entre os días 21 e 23 de febreiro 6º e 5º de E.P. estivemos gozando duns días na neve.

Desexando volver para seguir esquiando, compartindo e rindo.

RUEIRO DE VIGO POLO DÍA DA MULLER

Este curso,traballamos o día da muller (8 de marzo), dunha maneira moi especial,buscando rúas na nosa cidade con nome de MULLER.

Cada aula centrouse nunha, logo tivo que colocar o punto de google maps no mapa do taboleiro, e facer un resumo sobre o mais destacable para deixar nun dossier de consulta

RETO: A TORRE MÁIS ALTA

Preme en "RETOS" para enterarvos dun gran reto que se está a desenvolver nas aulas do Javier Sensat ...

 

 

 

CLICA NA IMAXE PARA O RESULTADO DOS RETOS

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE- 3 DECEMBRO 2020

 

O día 3 de decembro, no colexio, conmemoramos o Día internacional das persoas con discapacidade. Todos e todas, temos unhas cualidades para estaren orgullosos e, sen embargo, ademais amosamos  puntos febles, é dicir, as nosas discapacidades. Diso, trataron os obradoiros que traballamos no colexio.  Visionamos as seguintes curtametraxes e moitas das clases fixemos chapas , nós mesmos/as, cos nosos debuxos.  Tanto mestres/as como o alumnado, levamos para casa, unha chapa posta na solapa. A ver se vos gustan!!

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 25 NOVEMBRO 2020

 

 

  

 

 

O día 25 de novembro de 2020, celebramos conmemoramos o DÍA INTERNACIÓNAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 

Nas aulas abordouse este tema adaptándoo aos diferentes niveis, facendo  tarefas ( debuxos), e mesmo, reflexionando sobre curtometraxes, que primeiro visionaron.

Distribuir contido


by Dr. Radut