Skip to Content

Plurilingüismo

ATA O ANO QUE VEN, HALLOWEEN!

Que ven o pasamos estes días celebrando Halloween! Despois de tanto traballo para poñer o cole o máis espeluznante posible, tocaba facer un pouco de festa! Acompañádenos neste post para ver como transcorreu o día.

Antes que nada, obligatoria 'foto de familia'!

Continuamos cunha pouca de merenda noxenta. Ben feito, tiña todo unha pinta asquerosa! 

E unha vez xa merendados e con forzas, TÚNEL DO TERROR!

Todos aqueles que conseguiron saír do túnel tiveron a oportunidade de meter a man nun cubo de babosas para coller o seu agasallo! Que caras máis bonitiñas poñían os nosos nenos e nenas.

En fin, hai que ver que ben o pasamos! Agora que rematou Halloween, xa poñemos a vista no Nadal, que segundo os avances da nosa cidade XA IMOS TARDE!

Desfrutade do festivo e repoñede forzas. Vémonos o xoves!

Todo listo para o luns!

Todo o alumnado do cole se volcou na decoración para a festividade de Halloween que se celebrará a proóxima semana. E aínda que acabamos MORTOS de cansacio con tanto que traballamos, quedamos moi satisfeitos co resultado! Que vos parece a vós?

 

FESTA DE HALLOWEEN

O vindeiro LUNS 30 de outubro, celebraremos a festa de Halloween no cole. Por iso, vos convidamos a que os nenos e nenas veñan disfrazados. Para acompañar ó disfraz, poden vir maquillados e traer accesorios. 

Preparádevos, porque coma todos os anos, o TÚNEL DO TERROR* abrirá as súas portas, MUAJAJAJA!**

 *No túnel do terror os nenos e nenas non poderán levar accesorios dos disfraces por seguridade.

**As quendas son orientativas e estan suxeitas a posibles modifiacións.

 

O MARTES 31, todo o alumnado pode vir con roupa ou complementos de Halloween (camisetas, diademas, gorros, calcetíns, etc.), pero non haberá festa de disfraces como tal.

Celebrando o outono

O pasado 23 de setembro demos a benvida ó outono. Dende entón, fomos traballando os cambios que provoca no noso entorno nas aulas de Infantil e Primaria. A continuación tedes uns exemplos dos traballiños que fixemos dende os cursos inferiores ata os superiores. 

 

 

Rematado setembro, feitas quedaron as presentacións!

Durante o mes de setembro, o alumnado de primaria levou a cabo diferentes 'All about us' ou, o que é o mesmo, 'Todo sobre min' para contar un pouquiño sobre eles, os seus gustos e as súas afeccións. Por orde, dende os máis pequeniños de primeiro, ata os maiores de sexto, este foi o resultado tan chulo que está decorando cada unha das aulas: 

 

HEALTHY FOOD ACTIVITY

O alumnado de sexto da primaria ven de traballar na materia de lingua estranxeira os hábitos saudables. Despois de lembrar e ampliar o vocabulario neste tema e investigar os seus efectos na nosa rutina diaria, remataron a unidade deseñando slogans a prol do coidado da saúde. Velaí tendes os resultados!

 

         

 

 

    

Día internacional da muller - 8 de marzo

O pasado 8 de marzo comemoramos no centro O Día Internacional da Muller, unha data moi sinalada no noso calendario. Dende a materia de lingua estranxeira, fixemos diferentes tarefas que permitiron aos nosos alumnos ter conciencia do importante papel que representa a muller na sociedade ademais de identificar as inxustizas que a día de hoxe seguen existindo.

As rapazas e rapaces de sexto, profundizaron na temáticas mediante unha canción adicada ao Dia Internacional da Muller https://www.youtube.com/watch?v=QyT4cq4YlM8 . Por outo lado, o alumnado de quinto adicouse ao deseño de bombillas reivindicativas.

 

Para os cursos mais baixos propuxemos actividades partindo da palabra WOMAN, así como o xogo de “cadea de palabras” ca expresión One important woman in my life is… and you?

A verdade que temos un alumnado bastante concienciado sobre os dereitos das mulleres, e que continúe sendo así!


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Día internacional da Paz- 30 de xaneiro

 

Alá polo 30 de xaneiro, comemorábamos O Día Internacional da Paz, sen imaxinarnos que semanas despois unha guerra sen sentido comezaba non moi lonxe daquí. Así que, nesta semana, voltamos recuperar os traballos feitos sobre a Paz, que foron poemas acrósticos deseñados polas alumnas e alumnos do curso de sexto da primaria. Amósámosvos, hoxe mais que nunca, os nosos desexos dun mundo mellor.NON A GUERRA

TODA A ESCOLA FAI XABÓNS(We make soap!)

Durante o segundo trimestre dende ARTS levouse a cabo o proxecto "We make soap!"

O cal consistiu na elaboración de xabóns de glicerina e flores. Este proxecto estivo estreitamente relacionado co lavado de mans como medida de prevención ante o Coronavirus.

 

Pulsa na imaxe para ver vídeo:

PASCUA 2021 (Happy Easter)

 

Este ano o equipo de plurilingüsmo preparou un "Easter Egg Hunt" diferente e moi especial.

A actividade consistiu nunha busca do tesouro. O alumnado tivo que ir por distintas zonas da escola superando retos e atopando as partes do mapa do cole para así descubrir onde estaban os ovos de chocolate.

 

 

Preme na foto para ver o ben que o pasaron:

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut