Skip to Content

Primaria

REUNIÓNS PRINCIPIO DE CURSO

INFORMACIÓN XERAL 23/24

PREME NA IMAXE PARA VER TODA A INFORMACIÓN

 

RESERVA DE PRAZA DOS NENOS E NENAS 6º DE PRIMARIA AO CENTRO ADSCRITO (IES ÁLVARO CUNQUEIRO)

 O próximo luns día 15 abre a RESERVA de praza no CENTRO ADSCRITO para o noso alumnado de 6º de primaria.

Tedes dende o 15 de xaneiro ao 4 de febreiro ambos incluídos.

A solicitude pódese cubrir e entregar na secretaría do centro actual, ou presentalo telemáticamente na aplicación admisionalumnado (xunta.gal).

Enviase unha copia en papel do ANEXO I (ED550A) polo alumnado.

 

CURSO 2023/2024


CIRCULAR INICIO DE CURSO 2023/2024

 

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER A CIRCULAR 

 

 

 

 

Día das letras galegas 2022 - Lipdub homenaxe

Aquí temos unha homenaxe ao escritor galego Florencio Delgado Gurriarrán feita representando a súa vida ao son da música de Terra das Tanxugueiras. Todo o alumnado e profesorado participou na súa elaboración xunto coa escenificación dun poema seu. 
Esperamos que sexa do voso agrado.  Premede no link 

https://drive.google.com/file/d/1afUhLIewphDY24kwcC20UqOiB2fusvFp/view?usp=drivesdk

Premede no link para ver o making-off

https://drive.google.com/file/d/1WnVDIaFxEvxXEt_giCz12IRVabf-bQac/view?usp=drivesdk

 

 Fluência Delgado Gurriarán

OS DEREITOS DO LECTOR

E por que non saltarse as páxinas dun libro ou mesmo volve lo a ler? Estes son algúns dos dereitos que coñecemos esta semana con motivo da celebración do día do libro. 

O escritor francés Daniel Pennac e o ilustrador Quentin Blake crearon este decálogo do bo lector.

Os alumnos de sexto ensinaránvolos nesta presentación. Seguro que vos sorprenderán. Premede no corazón para ver o vídeo. 

Dereitos do lector

HEALTHY FOOD ACTIVITY

O alumnado de sexto da primaria ven de traballar na materia de lingua estranxeira os hábitos saudables. Despois de lembrar e ampliar o vocabulario neste tema e investigar os seus efectos na nosa rutina diaria, remataron a unidade deseñando slogans a prol do coidado da saúde. Velaí tendes os resultados!

 

         

 

 

    

VISITA AO MUSEO DO MAR DE VIGO DE 3º E 4º EP

O miércoles, 20 de marzo, o alumnado de 3º e 4º de EP visitou o museo do mar. 

Fixeron un recorrido polo museo, sobre toda a historia da actividade pesqueira, en xeral: A pesca, o marisqueo e a acuicultura, os avances técnicos nas embarcacións e a bioloxía mariña. Tamén, visitaron o acuario do museo, onde observaron os principais ecosistemas da nosa Ría de Vigo. Puideron observar os tabeiróns, as centolas, peces manta ( e distinguilos dos peces raia) e outras especias características da nosa zona.

Rematou a visita cun "taller sobre submariñismo" . Deixámosvos unhas fotos sobre a evolución do traxe para mergullarse para pescar e un pequeno resumo do que foi a actividade.

Dende logo, foi unha actividade moi enriquecedora para todos eles/as! 

                                               ACUARIO                                           

 

CRÍAS DE PEIXES  

   

                                                          MANTA OU RAIA?

 

    1º SUBMARIÑO DE SANJURJO BADIA 

      

                   EVOLUCIÓN DO TRAXE SUBMARIÑO     

  

RECORRIDO POLO MUSEO, INCLUIDO CHACHALOTE

 

 

 

 

Homenaxe á piragüista Teresa Portela

Hoxe 8 de abril homenaxeamos á piragüista MARÍA TERESA PORTELA RIVAS, unha deportista cunha extensa carreira chea de esforzos e logros.

No colexio colocamos unha placa conmemorativa adicada a ela nun recuncho do noso patio.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O alumnado de Primeiro encargouse de investigar sobre ela e elaborou este vídeo explicativo sobre a figura desta relevante piragüista. Clica na imaxe se queredes visualizalo e agardamos que vos guste!

E moitísimas grazas Teresa por este vídeo cariñoso cara o profesorado e alumnado do centro! (Clica na imaxe para visualizalo)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut