Skip to Content

Primaria

A BANDA SONORA NO SENSAT

PECHAMOS POR VACACIÓNS!

O equipo do Javier Sensat felicítavos o Nadal e desexa que disfrutedes destas festas rodeados da vosa familia e seres queridos. Volvemos en xaneiro coas pilas cargadas. Unha aperta!

FESTIVAL DE NADAL!

Como ben dixo hoxe unha das nosas mestras do cole: SHOW MUST GO ON! E así foi, hoxe celebramos o Nadal todos xuntos e desfrutamos dun gran festival con actuacións de todos os cursos de Primaria e mestres para todo o cole. 

PAPÁ NOEL VISITA O SENSAT

Hoxe, Papá Noel visitou o CEIP Javier Sensat, acompañado das súas axundates. E non só eso, foi aula por aula visitando aos nosos pequenos e pequenas, deixando agasallos e firmando autógrafos!

ABEL CABALLERO VISITA O COLE E INAUGURA A NOVA CUBERTA DO PATIO

Abel Caballero visitou hoxe o cole para inaugurar a nova cuberta do patio. Link a noticia aquí! Fixádevos ben nas fotos porque, cando saía do centro, atopouse con alguén moi especial.

 

 

XMAS MOOD!

Que fermosa época do ano e que agasallos tan bonitos nos levamos para as nosas casas!

XMAS MOOD!

Que fermosa época do ano e que agasallos tan bonitos nos levamos para as nosas casas!

CIRCO DE NADAL

Onte o cole quedou baleiro gran parte da mañá pola saída ó Circo do Nadal. Grazas ó ANPA por financiar parte desta saída e facelo posible. Foi unha experiencia que non olvidaremos!

A BANDA SONORA NO SENSAT - NADAL VOL 3.

Contacontos

Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria baixaron a aula de tres anos a contarlles o conto 'El pez arcoíris'. Foi unha experiencia xenial e os nenos de infantil recibiron un agasallo moi especial do peixe arcoíris. Estamos desexando repetir esta experiencia tan bonita!

Distribuir contido


by Dr. Radut