Complementarias
Visitounos a escritora Mónica Rodríguez
Enviado por adminm o Xov, 18/05/2017 - 06:18Visitounos Mónica Rodríguez
|
O luns 24 de abril dentro da celebración da semana do libro, os alumnos de 4º recibiron a visita da escritora Mónica Rodríguez, recente gañadora do premio Anaya 2016 de Literatura infantil e xuvenil. Esta autora falou cos escolares sobre os seus libros máis recentes. Contounos que leva escritos nada menos que 31 libros. Os alumnos fixéronlle moitas preguntas, algunhas moi curiosas, por exemplo: . Que opinas das páxinas piratas e os libros electrónicos? . Con que libro o pasaches mellor mentres o escribías? Foi unha entrevista divertida, entretida e próxima. |
|
Semana do libro
Enviado por adminm o Mér, 19/04/2017 - 07:18HORARIO. | |
Biografía de Roald Dahl 4º |
|
Su Obra 5º e 6º |
|
Su Obra 2º |
|
The Enormous Crocodile 3º e 4º |
|
AGUTROT 2º |
Entrega de premios ART POSTAL.
Enviado por adminm o Mar, 31/05/2016 - 13:21
Relato para o acto de entrega do Premios ART-COP 21. Escolas Asociadas á UNESCO “Facendo Escola.” Non é unha utopía pensar que a escola pode ser diferente, simplemente pasar por QUERER que sexa diferente. Unha escola que saboree os momentos, as risas, as complicidades. Unha escola que toque, que sinta como se move o mundo e que desde o seu recuncho intente transformalo. Unha escola que escoite os problemas, que aporte ideas, que busque solucións. Unha escola que perciba olores diferentes. Unha escola dos sentidos e das emocións.
Por un momento nós sentimos que podíamos ser esa escola, e así decidimos participar e plasmar as nosas reivindicacións nunha pequena postal que expresaba ese mundo que non nos gusta e que queremos transformar. No cumio celebrado en París o 15 de decembro de 2015 aos gobernantes non lle quedou outra que atender as nosas peticións. Houbo acordos, tomáronse decisións urxentes. Algo cambiou. Agora queremos ver eses cambios para que o noso futuro e o daqueles nenos e nenas, que sofren pola guerra sexa CADA DÍA UN POUCO MELLOR. Moitas grazas ao alumnado porque aprendemos con e deles.
|
|
Dereitos humanos
Enviado por adminm o Mér, 20/01/2016 - 06:46O día 10 de decembro de 2015 o grupo de teatro “Tropa de trapo “ veu ao colexio Isidora Riestra para traballar dunha maneira indirecta sobre os Dereitos Humanos en forma de contacontos cos nenos de 5º e 6º de primaria. | ||
Primeiro, representaron un conto que trataba dun rei e un príncipe que buscaban a camisa dun home feliz. Despois de moito buscar resultou que o único home feliz que atoparon non tiña camisa .O conto quería ensinarnos que a felicidade non se pode comprar nin conseguir por ter moitos cartos: non é máis feliz quen máis ten. | ||
O segundo trataba de que mentres nós xogamos e aprendemos no colexio, hai outros nenos que están todo o día traballando dende que sae o sol ata que se esconde por poucos cartos: os nenos temos dereito á educación. | ||
No terceiro conto aprendimos que con esforzo, participando e axudándonos uns aos outros podemos conseguir aqueles obxectivos que nós sós non seriamos capaces de alcanzar. | ||
Foi moi divertido porque de maneira cómica e con música e cancións eses contos leváronnos a reflexionar sobre esas cousas que non están ben no mundo pero non pensamos nelas nin no que podemos facer para cambialas. |
Samaín
Enviado por adminm o Xov, 19/11/2015 - 08:50
O día 29 de outubro celebramos a festa do Samaín. Pasámolo de MEDOOOOO! |
|
Viñemos disfrazados para a ocasión : bruxas, vampiros, zombis, morcegos , pantasmas, homes lobo… Había de todo! A entrada e os corredores do cole estaban ambientadas TERRORIFICAMENTE. |
|
Asistimos todos os cursos á “Elaboración de comida terrorífica”. No pavillón reunímonos despois para escoitar a canción dun conxuro en inglés a un grupo de alumnos de 5º e 6º. O que máis medo nos meteu no corpo foi a música de terror que acompañou a interpretación” dunha fermosa dama e un cruel vampiro”. Para finalizar, un desfile de disfraces feitos na casa. Os participantes recibiron chuches de terror. |
|
|
Visitounos Luisa Márquez
Enviado por adminm o Xov, 22/10/2015 - 08:44
O mércores día 21 de outubro, Luísa Márquez coordinadora galega de Escolas Asociadas á UNESCO visitou a nosa escola para impulsar a rede e falar ao alumnado da importancia de pertencer a Rede e o compromiso que adquirimos. Presentounos un novo proxecto, no que imos participar xunto con outras escolas doutros países: Brasil, Polonia, Portugal, Arxentina,
Alemaña. Todo o alumnado está moi ilusionado. “Repensando o presente, construíndo o futuro para todos e para todas”. |
|
Concurso ART POSTAL. COP 21. Organizado pola comisión Nacional francesa da UNESCO.
Enviado por adminm o Lun, 19/10/2015 - 05:04
O noso alumnado comprometido co medio ambiente participa creando tarxetas postais con mensaxes sobre o cambio climático. As tarxetas foron enviadas a París e cubrirán as paredes do GRAND PALAIS na cumbre climática que se celebrará no mes de decembro. Todo o alumnado participante achegou a súa tarxeta a correos, onde foron moi ben recibidos. Agasalláronnos cun cómic do funcionamento de correos. Agradecemos a súa acollida e amabilidade. Esta é unha reivindicación do alumnado para que os gobernantes actúen xa. A nosa escola segue a traballar para que os nenos e as nenas sexan cidadáns activos. |
||
|
Os alumnos de 4º foron a Combarro
Enviado por adminm o Ven, 22/05/2015 - 08:32Visitamos o noso entorno: combarro.
O xoves 7 de maio fomos visitar Combarro; acompañáronnos nenos do colexio de Lourido. Paseamos polo casco histórico cun guía que nos explicou moitas cousas interesantes que nós non coñecíamos.Vimos cruceiros, hórreos e casas de pe dra e madeira antigas, aínda que algunhas están restauradas. | |
Rematada a visita ao casco histórico, dirixímonos ao porto e alí visitamos un barco bateeiro. Explicáronnos o proceso para obter os mexillóns dende que se colocan nas cordas, ben a man ou a máquina, ata chegar ao seu consumo. | |
Foi unha saída interesante, pola convivencia que houbo entre os alumnos dos dous colexios, e moi divertida |
Os alumnos de Infantil van a ver a obra: "A nena e o grilo"
Enviado por adminm o Ven, 24/04/2015 - 05:57
|