Entrega de premios ART POSTAL.

Relato para o acto de entrega do Premios ART-COP 21. Escolas Asociadas á UNESCO

“Facendo Escola.” 

Non é unha utopía pensar que a escola pode ser diferente, simplemente pasar por QUERER que sexa diferente. Unha escola que saboree os momentos, as risas, as complicidades. Unha escola que toque, que sinta como se move o mundo e que desde o seu recuncho intente transformalo. Unha escola que escoite os problemas, que aporte ideas, que busque solucións. Unha escola que perciba olores diferentes. Unha escola dos sentidos e das emocións.

 

Por un momento nós sentimos que podíamos ser esa escola, e así decidimos participar e plasmar as nosas reivindicacións nunha pequena postal que expresaba ese mundo que non nos gusta e que queremos transformar.

No cumio celebrado en París o 15 de decembro de 2015 aos gobernantes non lle quedou outra que atender as nosas peticións. Houbo acordos, tomáronse decisións urxentes. Algo cambiou. Agora queremos ver eses cambios para que o noso futuro e o daqueles nenos e nenas, que sofren pola guerra sexa CADA DÍA UN POUCO MELLOR.

Moitas grazas ao alumnado porque aprendemos con e deles.

 

 

 FOTOS.

Nota de prensa 1.

Nota de prensa 2.