Skip to Content

Dereitos humanos

   
O día 10 de decembro de 2015 o grupo de teatro “Tropa de trapo “ veu ao colexio Isidora Riestra para traballar dunha maneira indirecta sobre os Dereitos Humanos en forma de contacontos   cos nenos de 5º e 6º de primaria.
Primeiro, representaron un conto que trataba dun rei e un príncipe que buscaban a camisa dun home feliz. Despois de moito buscar resultou que o único home feliz que atoparon non tiña camisa .O conto quería ensinarnos que a felicidade non se pode comprar nin conseguir por ter moitos cartos: non é máis feliz quen máis ten.
  O segundo trataba de que mentres nós xogamos e aprendemos no colexio, hai outros nenos que están todo o día traballando dende que sae o sol ata que se esconde  por poucos cartos: os nenos temos dereito á educación.
 No terceiro conto aprendimos que con esforzo, participando e axudándonos   uns aos outros podemos conseguir aqueles obxectivos que nós sós non seriamos capaces de alcanzar.  
Foi moi divertido porque de maneira cómica e con música e cancións eses contos leváronnos  a reflexionar sobre esas cousas que non están ben no mundo pero non pensamos nelas nin no que podemos facer para cambialas.


page | by Dr. Radut