Skip to Content

Curso 2022/2023

SAINT PATRICK´S DAY.

Conmemoramos este día cun algún complemento de cor verde, laranxa e realizaremos algunha actividade especial.

 

VISITA DA ESCRITORA ANA ALONSO.

 

Agora tocoulles ao alumnado de 4º de Primaria coñecer de preto ao a esta autora e a súa colección "PIZCA DE SAL". Unha obra amena con personaxes divertidos que fomentan a imaxinación dos nosos lectores.
 

 

 

 

 

VOLVEMOS A CONTAR CO COMEDOR PARA O CURSO 2023-2024

   Para o vindeiro curso podemos contar co servizo de comedor, grazas as xestións da ANPA. 

 

MULLERES AFOUTAS.

    Como cada curso conmemoramos o día Internacional das Mulleres, polo que cada curso fixo a súa elección e traballou unha muller reprentativa polo seu labor.

 

 

        VÍDEO:

 https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipisidorariestra/aulavirtual/pluginfile.php/8097/mod_folder/content/0/MULLERES%20AFOUTAS.mp4?forcedownload=1

   

    AUDIO: 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipisidorariestra/aulavirtual/pluginfile.php/8414/mod_folder/content/0/WhatsApp%20Audio%202023-03-03%20at%2017.29.25.mpeg?forcedownload=1

       

PRESENTACIÓN DO EQUIPO CICLISTA EN COMBARRO.

   Os maiores asistiron á presentación do equipo de ciclismo, incluso conseguiron premios no concurso. Noraboa!!

 

VISITA DO ESCRITOR ANTONIO MANUEL FRAGA.

Hoxe tocoulles ao alumnado de 5º de Primaria coñecer de preto ao a este autor e a súa obra "PAPÁ CANÍBAL". Obra divertida, macabra cun final...
 

 

VISITA DA AUTORA ANDREA MACEIRAS.

 O alumnado de 6º de Primaria recibiu con ilusión a esta escritora e puido coñecer de preto a súa obra "A FOLLA AZUL"

 

 

 

 

 

 https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipisidorariestra/aulavirtual/pluginfile.php/8097/mod_folder/content/0/ANDREA_MACEIRAS.mp4?forcedownload=1

 

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES DE ADMISIÓN (Desde 1 ao 20 de marzo)

- As solicitudes pódense  presentar por vía electrónica, a través da sede electrónica na páxina web da Consellería de Educación dentro do apartado admisión de alumnado https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

-                     Presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar 

Ou en calquera dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Os impresos de solicitude ED550B e Anexo II bis serán facilitados na secretaría do centro.

 Cada solicitante presentará na secretaría do centro que pide en 1º lugar unha única solicitude. Presentar solicitudes en máis dun centro determinará a perda do dereito a particiapar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da Orde do 21 de outubro de 2022

•    A solicitude terá que estar asinada por ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles, neste caso, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

 •    PRAZO PARA FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA será en xuño. 

SOLICITUDE EN ADXUNTOS (abaixo da entrada, antes do CURSO 21-22)

 

AGRADECEMENTO DA CASA GAIATO

      Desde Mozambique recibimos un vídeo de agradecemento pola aportación económica que recibiron.

  https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipisidorariestra/aulavirtual/pluginf...

 

 

RESERVA DE PRAZA NO IES de POIO.

 TODO O ALUMNADO DO NOSO CENTRO, QUE RESERVOU PRAZA NO IES DE POIO, FOI ADMITIDO.

 

VISITA O NOSO COLE.

 

VACANTES PARA O CURSO ESCOLAR 2023-2024.

 

CURSOS

ALUMNOS/AS

2023

OFERTA 2024

4º INFANTIL

0

25

5º INFANTIL

11

14

6º INFANTIL

20

5

PRIMEIRO

22

3

SEGUNDO

13

12

TERCEIRO

15

10

CUARTO A

13

12

CUARTO B

13

12

QUINTO A

15

10

QUINTO B

15

10

SEXTO

20

5

 

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO PARA O CUROS 2023-2024

O alumnado de 6º de Primaria deberá realizar a RESERVA DE PRAZA para poder cursar a ESO no centro de adscrición ( IES de Poio), deberá presentar no centro CEIPP Isidora Riestra ou a través da aplicación “admisionalumnado” o formulario normalizado ED550A(Anexo I e Anexo I-bis) entre os días 16 de xaneiro e 6 de febreiro.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva, opcións:

* Informaticamente e presentala de xeito manual no centro, desde a páxina web do centro (máis abaixo pódese descargar o formulario) ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) no menú: Solicitudes - Reserva – Crear

*Cubrila informaticamente e asinala en Sede Electrónica (para o que se precisa de Chave 365 ou certificado dixital) a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) no menú: Solicitudes - Reserva – Crear.

*De xeito manual e presentala asinada presencialmente no centro de orixe: CEIP de Cervo (solicitando o Anexo I e o Anexo I-bis en secretaría).

IMPORTANTE:

-Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe (CEIPP Isidora Riestra) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.

-O alumnado que ten reservada praza no centro adscrito, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicar por escrito a renuncia á reserva antes do 28 de febreiro de 2023.

-O alumnado que NON continúe os estudos no centro adscrito, non poderán reservar praza, e directamente presentarán a Solicitude de Admisión.

- Deberán presentar toda a documentación, incluido fotocopia libro de familia.

 ANEXOS

EU TAMÉN SON GAIATO

Esta semana colaboramos co Concello de Poio co fin de recaudar fondos, para o orfanato de Gaiato.

 

 

 FUNDACIÓN MOZAMBIQUE SUR

 

Eleccións ao Consello Escolar.

Relación de Candidatos/as.

Sorteo da Xunta Electoral.

Convocatoria das eleccións dos representantes de nais, pais e titores legais.

Ecoloxía Circular.         

 Plan dixital.

Libros de texto 2022/2023.

Curso 2021/2022

Libros de texto, curso 2022/2023.

Biblioteca: Premios do concurso "Noticieiro Mentireiro". Video.

Biblioteca: Lecturas recomendadas para o verán.

A partir de mañá, mércores 30 de marzo, estará exposto na entrada do colexio o listado provisional de alumnado admitido para o curso  2022/2023.

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscara nos patios dos centros educativos.

 8 de Marzo. Día da Muller.

Vídeo de Susana Rodríguez.  

Admisión alumnado para o curso 2022/2023.

Calendario admisión.

Anexo II.  Prazo se presentación: do 1 ó 21 de marzo.

Oferta de prazas.

Entroido.

Día da Paz. Susana Rodríguez.
Recomendacións lectoras para este Nadal.
   

 Calendario 2022.

Distribución de máscaras entre o alumnado.

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra
algunha das seguintes condicións:
Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
Alumnado matriculado en educación especial.
Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

O prazo para presentar as solicitudes é dende o 15 ao 26 de novembro de 2021.

A solicitude deberá presentarse no propio centro.

Eleccións ao Consello Escolar. 

Samaín – Halloween.

Enlaces de recursos didácticos:

https://view.genial.ly/5f96ed24f1f0690cf1e78622

https://view.genial.ly/5f8b091d3a92bc0d9b3a0670/social-horizontal-post-samain-2020

Unidade Didáctica:

https://drive.google.com/file/d/17H2Wzde2BYMmHRxQhc9fK2Qhteme_bC2/view

 

Nota:

Estimadas familias;

 Con motivo do Samaín – Halloween, o vindeiro venres día 29, os nenos/as poderán vir ao cole disfrazados libremente con dita temática.

 Así mesmo, recuperamos a exposición de cabazas decoradas coas aportacións das familias a partir do luns día 25, e que se recollerán o propio venres.

 Grazas pola vosa colaboración.

 

Plan de Contixencia. Curso 2021/2022.

Plan de Adaptación. Curso 2021/2022.

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2021-2022.

Calendario Escolar 2021/2022

Material escolar. Curso 2021/2022.

Libros de texto curso 2021/2022.

Curso 2020-2021

Vídeo Desplastifícate.

Calendario Escolar 2021/2022

Material escolar. Curso 2021/2022.

Libros de texto curso 2021/2022.

Ficha de inscripción ao Comedor e Plan madruga.

No enlace pódese acceder á ficha de inscrición ao Comedor e ao Plan Madruga. Esta ficha hai que enviala á empresa, "Arume", antes do 6 de agosto. Para que se leve a cabo o servizo teñen que inscribirse un mínimo de 15 alumnos/as.

 

Letras galegas 2021.

Neste Kahoot poderás aprender como se din algunhas expresións en inglés e como se traducen ao galego. Game PIN: 07400461

 

  

Xela Arias, Entre dúas linguas.

 

 Xela Arias

 

 

 

 

 

Enlaces de interese

DÍPTICO.

https://documentcloud.adobe.com/link/review?uri=urn:aaid:scds:US:7fbab0a8-2525-419e-9aff-675d3f36d369

EXPOSICIÓN COA BIOGRAFÍA DE XELA ARIAS.

https://es.calameo.com/read/00670476649ae7ccc2d2a

CUESTIONARIO DA EXPOSICIÓN XELA ARIAS.

https://es.calameo.com/read/006704766815bcc4f5c39

XOGO DESCUBRINDO A XELA.

https://view.genial.ly/602fa306a76c980da94cc33b/learning-experience-challenges-letras-galegas-2021

SALA DE FUGA: OS SEGREDOS DE XELA.

https://view.genial.ly/605ce3411720160d9775c0c4/interactive-content-sala-de-fuga-os-segredos-de-xela

  

 

Festa dos maios 2021.

Vídeos das actuacións: Presentación, Infantil, 5º Curso e 6º Curso.

Listaxe provisional de admitidos para o curso 2021/2022.

Xardins colgantes.   Enlace

        

 

              

 

Este é o noso cole: vídeo

 
Cuestionario da ANPA.
 

 Día da Paz:

O Proxecto Desplastifícate en Ondacero.

Alumnos e alumnas de sexto curso de educación Primaria explican no programa "Educando en Verde" de Ondacero en que consiste o noso proxecto "Desplatifícate".

Podedes escoitalo no seguinte enlace: https://www.ondacero.es/emisoras/galicia/pontevedra/audios-podcast/desplastificate-proxecto-ceip-isidora-riestra-poio_202101286012c0444a4ea60001504faa.html

 

CALENDARIO 2021:                                            ROSA PARKS:              

                        

BIBLIOTECA: LIBROS RECOMENDADOS PARA O NADAL.

        

MÁSCARAS

Bo día. O pasado venres publicouse a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, secundaria e educación especial.

O destinatarios son:

  1. Alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/2021 (Este alumnado non deberá presentar solicitude).
  2. Alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero: a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar (Si deberá presentar solicitude no centro, o ANEXO I e o ANEXO II).

Estes anexos pode encontralos na sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED330E), na páxina web do centro ou solicitalos no propio colexio. Para calquera dos trámites deberá solicitar cita previa nos teléfonos: 886151450. O prazo se presentación remata o vindeiro 27 de novembro. Máis información na páxina web do centro.

Orde do DOG do venres 13 de novembro. 

 

Benvidos ao curso escolar 2020-2021.

Segundo a Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia; o alumnado comenzará as actividades lectivas co seguinte calendario:

O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantll; 1º, 2º e 3º curso de educación primaria e educación especial.

O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantl e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.O centro está preparar o Plan de Adaptación á situación COVID para este curso, nuns días se poderá descargar/consultar o documento.                                                                                    

Documentación COVID 19.

 

                               Libros de Texto 2020/2021

AbalarMobil.

Recordámoslles a importancia de descargar no seu teléfono a plataforma abalarMobil xa que vai a ser unha importante canle de comunicación entre a escola es as familias.

Curso 2019/2020

3 anos 4 anos 5 anos
3ºA 3ºB
 4ºA   B
 
Recomendacións lectoras da Biblioteca Escolar para o verán 2020

   ALEX

   VERA

   MARIA

   OLIVIA

   FERNANDO

   ERO

VENRES 5 DE XUÑO

Día Mundial do Medio Ambiente.

 

GALERÍA DE ARTE.

Os alumnos e alumnas farán debuxos relacionados co medio ambiente e a Natureza.

Día da Letras Galegas. Ricardo Carvalho Calero.

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021.

O prazo para presentar as solicitudes é ata o 19 de xuño

 

ACTIVIDADES DE APOIO. PERÍODO EXTRAORDINARIO.

"Deseñando Animais Fantásticos"

 

Páxina web do departamento de orientación

Novo correo para enviar as fotos ou vídeos dos retos de Educación Física: martinezsueiromarcos@gmail.com

RETORÉPLICARTE. 4º curso Educación Primaria.

Patrick´s Postcard e novedades dos nosos antigos auxiliares

"GRAZAS"  Agradecemento dos alumnos e alumnas de 4 anos!

 

ACTIVIDADES DE INFANTIL: "Animais Fantásticos"

Fichas mitoloxía                      Fichas seres mitolóxicos

 GALERÍA DE ARTE

NOVO TEMA:" Animais Fantásticos". Debuxa un animal que non exista.

ANIMAIS FANTÁSTICOS      OS INVENTOS         ESCOLA IDEAL         SUPERPODERES

 EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

 1ºCURSO 2º CURSO 3º CURSO 4º CURSO 5º CURSO 6º CURSO
Educación Física Educación Infantil
English Música
 

 INFORMACIÓN E RECOMENDACIÓNS PARA UN CONTACTO DE CASO POSIBLE OU CONFIRMADO DO NOVO CORONAVIRUS 2019 (COVID-19)

 

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2020/2021

* Infórmase que o prazo de presentación de solicitudes de admisión amplíase ata unha semana despois do inicio das clases.

VIDEO

    

 

NOTAS DE PRENSA DO DÍA DA PAZ

  

DIA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos o día internacional para a eliminación da violencia contra a muller. O alunmado vestiuse de negro en protesta contra as desigualdades e a violencia que se exerce contra ás mulleres. Este os actos realizados destacamos a escenificación por parte de nenos e nenas de 3º a 6º de unha serie de sketchs coa finalidade de despertar en todos nos certa conciencia que nos leve a rexeitar condutas que supoñan desigualdade ou violencia. O alumnado de cuarto preparou unha coreografía coa canción "Yo solo quiero bailar".Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos o día internacional para a eliminación da violencia contra a muller. O alunmado vestiuse de negro en protesta contra as desigualdades e a violencia que se exerce contra ás mulleres. Este os actos realizados destacamos a escenificación por parte de nenos e nenas de 3º a 6º de unha serie de sketchs coa finalidade de despertar en todos nos certa conciencia que nos leve a rexeitar condutas que supoñan desigualdade ou violencia. O alumnado de cuarto preparou unha coreografía coa canción "Yo solo quiero bailar".

   

  

           

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut