Skip to Content

Secretaría

Curso 2020-2021

NOVAS:

Bo día. O pasado venres publicouse a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, secundaria e educación especial.

O destinatarios son:

  1. Alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/2021 (Este alumnado non deberá presentar solicitude).
  2. Alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero: a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar (Si deberá presentar solicitude no centro, o ANEXO I e o ANEXO II).

Estes anexos pode encontralos na sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED330E), na páxina web do centro ou solicitalos no propio colexio. Para calquera dos trámites deberá solicitar cita previa nos teléfonos: 886151450. O prazo se presentación remata o vindeiro 27 de novembro. Máis información na páxina web do centro.

Orde do DOG do venres 13 de novembro. 

 

Benvidos ao curso escolar 2020-2021.

Segundo a Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia; o alumnado comenzará as actividades lectivas co seguinte calendario:

O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantll; 1º, 2º e 3º curso de educación primaria e educación especial.

O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantl e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.O centro está preparar o Plan de Adaptación á situación COVID para este curso, nuns días se poderá descargar/consultar o documento.                                                                                    

Documentación COVID 19.

 

                               Libros de Texto 2020/2021

AbalarMobil.

Recordámoslles a importancia de descargar no seu teléfono a plataforma abalarMobil xa que vai a ser unha importante canle de comunicación entre a escola es as familias.

Distribuir contido


by Dr. Radut