Complementarias

Visitounos a escritora Mónica Rodríguez

Visitounos Mónica Rodríguez

 

 

     

O luns 24 de abril dentro da celebración da semana do libro, os alumnos de 4º recibiron a visita da escritora Mónica Rodríguez, recente gañadora do premio Anaya 2016 de Literatura infantil e xuvenil. Esta autora falou  cos  escolares sobre os seus libros  máis recentes. Contounos que leva escritos nada menos que 31 libros.

Os alumnos fixéronlle moitas preguntas, algunhas moi curiosas, por exemplo:

. Que opinas das páxinas piratas e os libros electrónicos?

. Con que libro o pasaches mellor mentres o escribías?

Foi unha entrevista divertida, entretida e próxima.

           

 

 

 

 

Semana do libro

HORARIO.

Biografía de Roald Dahl

  

Su Obra

5º e 6º

   

 Su Obra

   

The Enormous

Crocodile

3º e 4º

AGUTROT

Entrega de premios ART POSTAL.

Relato para o acto de entrega do Premios ART-COP 21. Escolas Asociadas á UNESCO

“Facendo Escola.” 

Non é unha utopía pensar que a escola pode ser diferente, simplemente pasar por QUERER que sexa diferente. Unha escola que saboree os momentos, as risas, as complicidades. Unha escola que toque, que sinta como se move o mundo e que desde o seu recuncho intente transformalo. Unha escola que escoite os problemas, que aporte ideas, que busque solucións. Unha escola que perciba olores diferentes. Unha escola dos sentidos e das emocións.

 

Por un momento nós sentimos que podíamos ser esa escola, e así decidimos participar e plasmar as nosas reivindicacións nunha pequena postal que expresaba ese mundo que non nos gusta e que queremos transformar.

No cumio celebrado en París o 15 de decembro de 2015 aos gobernantes non lle quedou outra que atender as nosas peticións. Houbo acordos, tomáronse decisións urxentes. Algo cambiou. Agora queremos ver eses cambios para que o noso futuro e o daqueles nenos e nenas, que sofren pola guerra sexa CADA DÍA UN POUCO MELLOR.

Moitas grazas ao alumnado porque aprendemos con e deles.

 

 

 FOTOS.

Nota de prensa 1.

Nota de prensa 2.

Dereitos humanos

   
O día 10 de decembro de 2015 o grupo de teatro “Tropa de trapo “ veu ao colexio Isidora Riestra para traballar dunha maneira indirecta sobre os Dereitos Humanos en forma de contacontos   cos nenos de 5º e 6º de primaria.
Primeiro, representaron un conto que trataba dun rei e un príncipe que buscaban a camisa dun home feliz. Despois de moito buscar resultou que o único home feliz que atoparon non tiña camisa .O conto quería ensinarnos que a felicidade non se pode comprar nin conseguir por ter moitos cartos: non é máis feliz quen máis ten.
  O segundo trataba de que mentres nós xogamos e aprendemos no colexio, hai outros nenos que están todo o día traballando dende que sae o sol ata que se esconde  por poucos cartos: os nenos temos dereito á educación.
 No terceiro conto aprendimos que con esforzo, participando e axudándonos   uns aos outros podemos conseguir aqueles obxectivos que nós sós non seriamos capaces de alcanzar.  
Foi moi divertido porque de maneira cómica e con música e cancións eses contos leváronnos  a reflexionar sobre esas cousas que non están ben no mundo pero non pensamos nelas nin no que podemos facer para cambialas.

Magosto.

Samaín

O día 29 de outubro celebramos a festa do Samaín.

Pasámolo de MEDOOOOO!

Viñemos disfrazados para a ocasión : bruxas, vampiros, zombis, morcegos , pantasmas, homes lobo… Había de todo! 

A entrada e os corredores do cole estaban ambientadas TERRORIFICAMENTE.

Asistimos todos os cursos á “Elaboración de comida terrorífica”.

No pavillón reunímonos despois  para escoitar a canción  dun conxuro en inglés a un grupo de alumnos de 5º e 6º. 

O que máis medo nos meteu no corpo foi a música de terror que acompañou a interpretación” dunha fermosa dama e un cruel vampiro”.

Para finalizar, un desfile de disfraces feitos na casa.  Os participantes recibiron chuches de terror.

     

 

 

 

Visitounos Luisa Márquez

O mércores día 21 de outubro, Luísa Márquez coordinadora galega de Escolas Asociadas á UNESCO visitou a nosa escola para impulsar a rede e falar ao alumnado da importancia de pertencer a Rede e o compromiso que adquirimos.

Presentounos un novo proxecto, no que imos participar xunto con outras escolas doutros países: Brasil, Polonia, Portugal, Arxentina, 

Alemaña. Todo o alumnado está moi ilusionado.

“Repensando o presente, construíndo o futuro para todos e para todas”.

Concurso ART POSTAL. COP 21. Organizado pola comisión Nacional francesa da UNESCO.

 

O noso alumnado comprometido co medio ambiente participa creando tarxetas postais con mensaxes sobre o cambio climático. As tarxetas foron enviadas a París e cubrirán as paredes do GRAND PALAIS na cumbre climática que se celebrará no mes de decembro.

Todo o alumnado participante achegou a súa tarxeta a correos, onde foron moi ben recibidos. Agasalláronnos cun cómic do funcionamento de correos. Agradecemos a súa acollida e amabilidade.

Esta é unha reivindicación do alumnado para que os gobernantes actúen xa. A nosa escola segue a traballar para que os nenos e as nenas sexan cidadáns activos.

      

            

Os alumnos de 4º foron a Combarro

Visitamos o noso entorno: combarro.

O xoves  7 de maio fomos visitar Combarro; acompañáronnos nenos do colexio de Lourido. Paseamos polo casco histórico cun guía que nos explicou moitas cousas interesantes que nós non coñecíamos.Vimos cruceiros, hórreos e casas de pe dra e madeira antigas, aínda que algunhas están restauradas.
Rematada a visita ao casco histórico, dirixímonos ao porto e alí visitamos un barco bateeiro. Explicáronnos  o proceso para obter os mexillóns dende que se colocan nas cordas, ben a man ou a máquina, ata chegar ao seu consumo.
Foi unha saída interesante, pola convivencia que houbo entre os alumnos dos dous colexios, e moi divertida

Os alumnos de Infantil van a ver a obra: "A nena e o grilo"

 

 

 

Distribuir contido