SEMANA DO AUTISMO

Co motivo de que o 2 de abril foi o Día Mundial  da Concienciación sobre o Autismo, no cole a semana do 17 ao 21 de abril celebramos a semana do autismo co fin de sensibilizar ao noso alumnado e para que coñezan máis sobre as persoas con trastorno do espectro autista (TEA). 

Desde o equipo do Departamento de Orientación fixéronse unha charlas de concienciación co alumnado e o venres 21 celebramos un acto nas pistas deportivas do centro no que se fixo un gran infinito e cantamos unha canción.

Podedes ver o resultado deste magnífico traballo na seguinte presentación.

Semana do Autismo2 de Romu Rodriguez