Nestes días foi publicada a resolución do VII Concurso de traballo por proxectos coa participación da Biblioteca Escolar realizados no curso 2020/2021. Entre os seleccionados atópase o CEIP Plurilingüe García Barbón que presentou o seu proxecto Cando medre quero ser… entomólogo, dentro da modalidade de metodoloxía científica.
Compartimos con toda a comunidade educativa este recoñecemento ás boas prácticas, que non fai máis que animarnos a continuar a traballar co noso alumnado de xeito que poidan construir, desenvolver e profundizar nos seus coñecementos sendo eles mesmos os protagonistas da súa aprendizaxe.
Enlace á resolución VII concurso de traballos por proxectos
Velaquí tendes unha mostra do traballo.