Estimadas familias:
O venres día 1 de marzo o centro vai celebrar o entroido.
O acto realizarase no patio (pista de fútbol) se o tempo o permite. Se non fose posible, será no pavillón do centro e non poderán asistir as familias.
O acto comezará ás 12:15 h (as portas abriranse 5 minutos antes). Os asistentes deberán colocarse nos laterais da pista de fútbol, que estará marcada cunhas cintas.
Lembramos:
Non todas as familias autorizaron a toma de imaxes dos seus fillos. Se alguén as fai será baixo a súa responsabilidade quedando o centro libre de posibles actuacións.
A duración aproximada do acto será de 40 minutos.
Grazas pola vosa colaboración
Un saúdo
A dirección