Novas
ADMISIÓN ALUMNADO. RESERVA DE PRAZA E ADMISIÓN
Enviado por SECRETARÍA o Mér, 18/01/2023 - 19:55Normativa reguladora do procedemento
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2066, do 3 de maio, de educación.
-
Todo o alumnado poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.
Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente,indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
-
O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
- En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.
PROCEDEMENTO DE RESERVA:
Para alumnado de 6º de Primaria do noso Centro e o alumnado de EEI “Xela Arias”.
Reserva de praza para os centros adscritos no centro de orixe: 15 de xaneiro - 4 de febreiro de 2023.
Informamos ás familias do alumnado matriculado en 6º de Primaria que o prazo de reserva de praza para o vindeiro curso no IES “Xograr Afonso Gómez”, (centro ao que estamos adscritos) abrangue desde o 15 de xaneiro ata o 4 de febrero, ambos incluídos. A solicitude (ED550A) presentarase preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (http://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderase presentar a solicitude no centro docente.
O alumnado da EEI “Xela Arias” deberá formalizar este proceso na súa escola.
PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ORDINARIA:
Para todo o alumnado de nova incorporación a un Centro: do 1 ao 20 de marzo.
A solicitude (ED550B) presentarase preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (http://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderase presentar a solicitude no centro docente.
Documentación complementaria:
Ø Fotocopia do DNI do/o alumno/a, libro de familia ou documento acreditativo da idade.
Ø Certificado de escolarización do centro orixe no caso de traslado de centro.
*Se é o caso, achegarase documentación xustificativa para a solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
*A solicitude terá que estar asinada por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coa solicitude de admisión a resolución xudicial correspondente. Agás casos de violencia de xénero.
*A documentación que se presente en calquera trámite do procedemento deberá ser orixinal ou copia cotexada.
------------Esta información é de caracter xeral, sen prexuízo do especificado de maneira máis concreta na lexislación anteriormente citada.
FONDO SOLIDARIO. AMPLIACIÓN AXUDAS MATERIAL ESCOLAR
Enviado por Xosé Manuel Pardo o Lun, 17/10/2022 - 07:55A consellería ven de aprobar unha ampliación da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022 a favor das persoas que xa foron beneficiarias desta axuda por importe de 50€, para concederlles 25€ adicionais ata acadar un importe total de 75€.
Destinatarios: alumnado que foi beneficiario de axuda por importe de 50€ para adquirir material escolar para o curso 2022-23.
Recollida de vales: a partir do día 18, do presente mes, dende as 10:00 hr ata as 13:00 hr.
* O vale deberá de empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro do 2022.
REUNIÓN XERAL COAS FAMILIAS
Enviado por Xosé Manuel Pardo o Mér, 05/10/2022 - 13:08
O vindeiro martes, 11 de outubro, celebraranse as reunións, dirixidas ás familias de Educación Primaria, nas que o profesorado titor proporcionará información, entre outras, sobre os obxectivos e desenvolvemento xeral do curso.
No que respecta a 5º e 6º de Educación Infantil as reunións terán lugar o martes 18 de outubro.
O acceso será pola cancilla principal, agás para as familias do alumnado de 5º de infantil que será pola parte posterior.
Para un axeitado desenvolvemento das reunións establécense os seguintes criterios para a súa asistencia:
- Prégase, na medida do posible, restrinxir a asistencia a un só proxenitor por unidade familiar.
- Prégase encarecidamente non asistir cos fillos.
- Prégase máxima puntualidade.
CURSO |
DATA | HORA | LUGAR |
5º Educación Infantil
|
Martes, 18/10/22 | 15:45 hr |
Aula de 5º de Educación Infantil. (Edificio anexo) |
6º Educación Infantil |
Martes, 18/10/22 |
15:45 hr |
Aula de 6º de Educación Infantil. Edificio principal (1ª planta) |
1º Educación Primaria | Martes, 11/10/22 | 15:30 hr |
Comedor Escolar (planta baixa)
|
2º Educación Primaria | Martes, 11/10/22 | 15:30 hr |
Aula nº 2 de Música (1ª planta)
|
3º Educación Primaria | Martes, 11/10/22 | 16:15 hr |
Aula nº 29 de Primaria (2ª planta)
|
4º Educación Primaria | Martes, 11/10/22 | 16:15 hr |
Aula nº 17 de Inglés (2ª planta)
|
5º Educación Primaria | Martes, 11/10/22 | 17:00 hr. |
Aulas de 5º A -B - C (2ª planta)
|
6º Educación Primaria | Martes, 11/10/22 | 17:00 hr |
Aulas de 6º A -B (2ª planta)
|
