COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2023-24

 

 

As clases iniciaranse o día 11 para todos os cursos de Educación Infantil e Educación Primaria en horario continuo de 08:45 a 13:45 hr, agás 4º de Educación Infantil (3 anos) que están co período de adaptación.

A saída terá lugar ás 13:45 hr. agás a do alumnado usuario de comedor que será ás 14:30 hr.

O alumnado de primaria ten a entrada e a saída por Rúa Prolongación Escolar. As familias do alumnado de 1º de primaria poderán entrar acompañando aos seus fillos e fillas ata a pista deportiva cuberta e alí serán atendidas polas mestras titoras. Non se trata dunha reunión formal senón de que coñezan a ubicación e saiban que grupo lles corresponde.

O acceso ao centro será polas cancelas que se amosan nas seguintes imaxes.

 

ENTRADA DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL (entrada parte posterior)

 

 

 

 

ENTRADA DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA (cancela central)

 

 

 

 

ENTRADA DO ALUMNADO TRANSPORTADO (cancela lateral)