try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP do Foxo

REUNIÓN DE FAMILIAS DE ALUMNADO DE INFANTIL

00/00/

O venres 8 de setembro ás 12:00 terá lugar unha reunión informativa para as familias do alumnado de infantil.

COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024

00/00/

No curso 2023/2024 o comedor escolar do CEIP do Foxo pasa a ser asumido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Funcionará os luns e mércores.

 

Están publicadas as instrucións da Secretaría Xeral Técnica sobre o funcionamento dos comedores escolares no curso 2023-2024. As familias do alumnado usuario deste servizo, deberán cubrir o ANEXO II (Modelo de autodeclaración) con todos os datos relativos á súa renda (2022), especificando no apartado A) do modelo a cifra do importeque corresponda, no apartado B) os membros da unidade familiar, no apartado C) a renda neta per cápita, e no apartado D) deberán marcar a casilla que corresponda.

 

Para facilitar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar, a propia Consellería incorporou na súa web unha calculadora á que se pode acceder neste enlace https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

 

Poden entregar o ANEXO II por correo electrónico (ceip.foxo@edu.xunta.gal) desde o 4 de xullo ata o 1 de setembro.

Presencialmente na secretaría do centro desde o 10 ata o 14 de xullo, de 9.00h a 14.00h

 

No arquivo adxunto pódese descargar o ANEXO II

 

INSTRUCIÓNS COMEDORES ESCOLARES 23-24

 

O PRAZO REMATA O 1 DE SETEMBRO DE 2023

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 23-24

00/00/

No arquivo adxunto pódese consultar o listado de libros de texto para o vindeiro curso.

LISTADO DE LIBROS E VALES PARA MATERIAL PARA O CURSO 2023-2024.

00/00/

No arquivo adxunto infórmase do proceso de entrega de vales e libros de texto correspondentes ao Fondo solidario. 

REVISTA "AS NOSAS COUSAS CURSO 22-23"

00/00/

                                                         

 CURSO 22-23

 

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

00/00/

Desfrutade das actuacións e bo verán!!

 

NÓS TAMÉN CREAMOS

00/00/

Participamos no programa "Nós tamén creamos" elaborando un traballo en equipo que tivo como produto final dúas curtametraxes en galego coa técnica stop motion.Aquí tendes o resultado.

 

 

 

 

 

VISITA DA AGRUPACIÓN "REGUEIRIÑOS DE LAMAS"

00/00/

O 15 de maio recibimos a visita da agrupación "Regueiriños de Lamas" dentro da actividade da biblioteca "Escoito aos maiores, aprendo a pensar".

CONVOCATORIA DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-24

00/00/

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído). Toda a información está nos arquivos adxuntos.

- Orde Fondo solidario (DOG do 19 de maio de 2023)
- Extracto orde 10 de maio

- Circular fondo libros 2023_24

- ANEXO I e ANEXO II


- Prazos para participar

Distribuir contido