try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP do Foxo

RENOVACIÓN DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

00/00/

Nos documentos adxuntos achégase información sobre a renovación dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar.

SAMAÍN 2022

00/00/

Este ano a celebración do Samaín estivo chea de obradoiros moi divertidos.

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

00/00/

Para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares recibimos a visita da escritora Ledicia Costas.

 

DÍA DAS ESCRITORAS

00/00/

O 17 de outubro, celébrase  baixo o lema “Antes, durante e despois das guerras”, o Día das Escritoras, para recuperar a palabra de mulleres que nos seus textos reflicten sentimentos, procuras e loitas. Mulleres valentes cuxa obra, en moitas ocasións, foi ignorada. O lema deste ano é unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron en situacións de conflito bélico. Rescatar hoxe a súa voz é un acto de xustiza e recoñecemento cara a todas elas.

Por iso Animamos a toda a comunidade educativa do CEIP do Foxo a participar nesta actividade que atoparedes clicando nesta imaxe.

 
 
 

INAUGURACIÓN DO PAVILLÓN CON ÁLEX MARQUE

00/00/

O psasado 4 de outubro recibimos a visita do deportista estradende Álex Marque que asistíu á imauguración do pavillón polideportivo do Centro que dende ese día leva o seu nome.

CORES CON PALABRAS

00/00/

Outro ano máis participamos no certame de pintura poético titulado "CORES CON PALABRAS", un auténtico agasallo que as nenas e nenos desfrutaron.

BALONMÁN NO CEIP DO FOXO

00/00/

O xoves día 22 de setembro as nenas e nenos tiveron unha sesión de balonmán por parte dunha asociación deportiva que quere iniciar esta disciplina na Estrada. Sorte con este novo proxecto!!

CONCERTO TEQUEXETÉLDERE

00/00/

Para comezar ben o curso recibimos a visita da escola de música "TEQUEXETÉLDERE" que nos deleitou cun concerto do máis divertido.

AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO Á ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2022-2023

00/00/

O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada, pon en marcha AXUDAS ECONÓMICAS para gastos derivados de libros e material escolar para os alumnos de EDUCACIÓN INFANTIL e para o pago do comedor escolar (de setembro de 2022 a xuño de 2023, ambos incluídos) para o alumnado matriculado en Educación Infantil, Primaria e Secundaria. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello da Estrada ata o 9 de agosto de 2022.

Toda a información na páxina web do Concello da Estrada no seguinte enlace:

Concello da Estrada

Resumo da convocatoria e anexo para participar nos arquivos adxuntos.

Distribuir contido