try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP do Foxo

COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2024/2025

06/16/2024 14:04

O Comedor escolar do CEIP do Foxo está asumido pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Funcionará todos os días da semana de luns a venres.

 

Están publicadas as instrucións da Secretaría Xeral Técnica sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2024-2025. As familias do alumnado usuario deste servizo, deberán cubrir o ANEXO II (Modelo de autodeclaración) con todos os datos relativos á súa renda (2023), especificando no apartado A) do modelo a cifra do importe que corresponda, no apartado B) os membros da unidade familiar, no apartado C) a renda neta per cápita, e no apartado D) deberán marcar a casilla que corresponda.

 

Para facilitar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar, a propia Consellería incorporou na súa web unha calculadora á que se pode acceder neste enlace https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

 

Poden entregar o ANEXO II presencialmente no centro desde o 17 de xuño ata ata o 3 de xullo, ou por correo electrónico (ceip.foxo@edu.xunta.gal) ata o 1 de setembro.

 

No arquivo adxunto pode descargarse o ANEXO II


O PRAZO REMATA O 1 DE SETEMBRO DE 2024

 

PREMIOS ACADADOS POLA BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS. PODCAST- RADIO NA BIBLIO

06/13/2024 23:45

PODCAST- RADIO NA BIBLIO

O CEIP do Foxo foi seleccionado e galardoado no V concurso de podcast- Radio na biblio. co traballo “Teoría do xogo” realizado polo alumnado de 4º curso de Primaria e dirixido pola súa titora Marta Otero García.

Os seus protagonistas manifestan: “ Este curso, na radio non quixemos pasar por alto a celebración do día das letras galegas adicada a Luísa Villalta: profesora, poeta e activista. Estudamos moito sobre a súa vida e obra e inventamos unha bonita historia para falar sobre ela. Premiáronnos no concurso de podcast de Radio na Biblio. O noso podcast saiu de Foxo nas Ondas, viaxou por Radio Estrada e agora tamén pola Radio Galega”.

O premio consiste nunha asignación económica de 1.250€ que deberán destinarse a melloras no equipamento e infraestrutura do laboratorio / emisora de radio ou para actividades relacionadas co funcionamento deste laboratorio de radio, sempre vinculado á Biblioteca do centro.

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_iv_concurso_de_podcasts_asinada.pdf

 

VOLUNTARIADO DE LECTURA

As experiencias de voluntariado na biblioteca do noso Centro, foron seleccionadas por fomentar o voluntariado cultural e social entre os integrantes da comunidade escolar. Neste programa participou todo o alumnado de 5º e 6º da nosa escola coas seguintes actuacións:

- Servizo de voluntariado bibliotecario(SVB) durante todos os recreos

- Lecturas compartidas dentro do Centro: Día de D. Xosé Neira Vilas, Día de Avelina Valladares, presentación do libro Xe de Lara Boubeta…..

- Lecturas fóra do Centro: Vídeo conferencia sobre Avelina Valladares, Homenaxe a D. Olimpio Arca Caldas….

O premio consiste nunha asignación económica de 600€ que se destinará ao desenvolvemento dun obradoiro especializado nunha temática relacionada coa Biblioteca Escolar.

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_bibliotecas_escolares_solidarias_asinada.pdf

INSCRICIÓN CAMPAMENTOS DE VERÁN 2024

05/22/2024 09:35

 

O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada ten previsto poñer en marcha ó longo do período de vacacións de verán (dende o 1/07/2024 ao 10/09/2024)o CAMPAMENTO DE VERÁN dirixido o a tódolos rapaces e rapazas de 3 a 12 anos.

Estes campamentos desenvolveranse no Colexio.

PRAZO DE INSCRICIÓN: O prazo de inscrición para participar nestas actividades estará aberto dende 4 ao 17 de xuño (ambos días incluídos).

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada (en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres) ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedelectronica.gal).

PREZO ACTIVIDADE: 35  por participante e quincena nos meses de xullo e agosto, e 25€ os días de setembro.

O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% sobre o prezo (28  nas quincenas de xullo e agosto, e 20€ os días de setembro), e a partir do terceiro membro da unidade familiar será gratuíto.


CONVOCATORIA DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-25

05/20/2024 22:55

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2024 (este incluído). Toda a información está nos arquivos adxuntos.

- Orde Fondo solidario (DOG do 20 de maio de 2024). Orde do 7 de maio

- Circular AXUDAS_ FONDO_2024_25

- ANEXO I e ANEXO II

- Prazos do proceso

VOTACIÓNS XORNADA ÚNICA

04/29/2024 10:16

VOTACIÓNS XORNADA ÚNICA

 

O día 6 de maio de 2024, de 12.30h a 20.30h terán lugar as votacións para que as familias do Colexio depositen o seu voto respecto deste tema:

 

XORNADA ÚNICA DE MAÑÁ

 

Horario lectivo: 09:20 a 14:20 horas

Comedor: 14:20 a 15:35 horas.

Transporte escolar: Entrada ás 09:20. Saída ás 15.35 horas, os luns, mércores, xoves e venres

Entrada ás 09:20 . Saída 16:45 horas, os martes.

 

Adxuntamos cartel das votacións e o documento de “Proxecto de xornada única”

Moitas grazas

 

 
 


PLAN ESTRATÉXICO DE MELLORA (PEM)

04/23/2024 23:28

O centro educativo está a elaborar un Plan Estratéxico de Mellora (PEM), cuxo obxectivo é realizar unha valoración de necesidades e trazar unha estratexia de intervención acorde ás mesmas. Pedimos a vosa colaboración para cubrir o formulario que se indica a continuación. 

O prazo é ata o 30 de abril.

Grazas polo voso tempo. 

 

Formulario

 

ROSALÍA MORLÁN VISITA O COLEXIO

04/23/2024 23:16

O pasado 4 de Abril recibimos a visita de  Rosalía Morlán, quen presentou o seu último libro "Cando o meu avó esqueceu o meu nome".

PROXECTO DE XORNADA ÚNICA

03/21/2024 16:33
Aquí pódese consultar o proxecto de xornada única que propón o Centro.
 


ENTROIDO 2024

02/01/2024 02:05

FESTIVAL DE NADAL

00/00/
Distribuir contido