try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP do Foxo

CAMPAMENTOS DE VERÁN

00/00/

O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada ten previsto poñer en marcha ó longo do período de vacacións de verán (dende o 3/07/2023 ao 8/09/2023)o CAMPAMENTO DE VERÁN dirixido o a tódolos rapaces e rapazas de 3 a 12 anos.

Estes campamentos desenvolveranse no Colexio.

 

PRAZO DE INSCRICIÓN: O prazo de inscrición para participar nestas actividades estará aberto dende 15 de maio ó 5 de xuño (ambos días incluídos).

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada (en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres) ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedelectronica.gal).

 

PREZO ACTIVIDADE: 35 € por participante e quincena nos meses de xullo e agosto, e 25€ os días de setembro.

O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% sobre o prezo (28 € nas quincenas de xullo e agosto, e 20€ os días de setembro), e a partir do terceiro membro da unidade familiar será gratuíto.

Nos arquivos adxuntos remítese modelo de solicitude e máis información.

DÍA DO LIBRO 2023. " AS AGACHADAS CON FUXÚ"

00/00/

Novamente desfrutamos do xogo "As agachadas con

Fuxú" para conmemorar o Día do libro e os nenos de

5º e 6º fixeron de contacontos para o alumnado dos

outros cursos.

 

Aquí temos un video desta xornada.

 


 

 

8-M NO FOXO

00/00/

Así celebramos este curso o 8-M



DÍA DE ROSALÍA

00/00/

O xoves 23 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía no colexio. Aquí temos un vídeo sobre o día.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

00/00/

O mércores día 1 de marzo  ás 17:15, terá lugar o tradicional día de portas abertas. 

 

ENTROIDO 2023

00/00/

Este ano SOBREVOAMOS A ESTRADA polo entroido.

DÍA DA PAZ 2023

00/00/

Este curso para celebrar o Día da Paz participamos nunha andaina solidaria en benefico da Cruz vermella.

 

 

MANDADOS DA BRUXA FLORINDA

00/00/

Estes son os mandados da bruxa Florinda. Todos atentos!!!

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

00/00/

O mércores 1 de marzo de 2023 a partir das 17:15 horas, coincidindo co inicio do prazo de amisión para o curso que vén, terá o lugar a xornada de portas abertas.

ADMISIÓN CURSO 23-24

00/00/

O prazo para solicitude de admisión do alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria  para o curso 2023-2024 é dende o 1 ao 20 de marzo de 2023, ambos inclusive.

Nos seguintes arquivos adxuntos pódese atopar toda a información necesaria do procedemento.

Distribuir contido