Boas!
Como bos traballadores, antes de marcharmos de vacacións deixamos feitos "os deberes". Neste caso, tocounos sementar, para que a Natureza, que non descansa, vaia facendo a súa parte.
Botamos:
- os chícharos (guisantes), que son fonte de vitaminas e proteínas vexetais.
- as fabocas (habas), que tamén aportan proteínas vexetais, ferro, ácido fólico e diversas vitaminas.
- allos (ajos), cuxas propiedades culinarias son de todos coñecidas e que ademais teñen sona de seren plantas moi medicinais.
Agora toca esperar polos resultados...