Skip to Content

Localización

INFORMACIÓN

CEIP FILOMENA DATO 

 

Foto cole

 

 Rúa do Ensino, 4

A Valenzá-Barbadás

Ourense 

Tlfno/Fax: 988244869 

e-mail:ceip.filomena.dato@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfilomenadato

 

    Centro adscrito ao IES "Xesús Ferro Couselo"

 

 

 

A nosa localización

Mapa do Concello

 

 

O municipio está situado no centro-sur de Galicia, e no centro-oeste da provincia de Ourense. Ten unha extensión aproximada de 30,24 Km cadrados. A súa posición xeográfica é latitude 42º 17´ norte e lonxitude 7º 53´ oeste, sendo a súa altitude media de 249 m. As localidades máis significativas son A Valenzá, Piñor, Sobrado, Parada, As Lamas, Fonsillón, Villaescusa, A Cal, Santa Uxía e Pontón. Barbadás, capital do municipio, atópase situada a 5 Km. de Ourense.


HISTORIA

O centro é de reciente creación, foi construido no ano 1998, comenzando o curso en outubro. Ante a demanda de postos escolares debido ao forte crecemento da construcción de novas vivendas, que son ocupadas maioritariamente por parellas de xoves. A inaguración levouna a cabo o Presidente da Xunta de Galicia, naquel momento, o Excmo. Sr. D. Manuel Fraga Iribarne. Leva o nome dunha poetisa Filomena Dato Muruais que naceu en Ourense no ano 1856. Nesta cidade colaborou co movemento literario que naquela altura encabezaba Lamas Carvajal en Barbaña.

Foi unha das escritoras máis significativas da denominada literatura feminista da segunda metade do século XIX, non só pola amplitude da súa obra na nosa língua, senón tamén pola súa faceta como oradora en varios foros en defensa das mulleres. "Galiza e a muller" son temas recorrentes na obra da autora ourensá.

A súa carreira literaria comezou en 1891 coa publicación do libro Follatos. Trátase dun conxunto de corenta e cinco poemas, integramente en galego, dedicados á Infanta Sabela Francisca de Borbón. Esta obra comeza co texto "Defensa das mulleres" onde a autora desmonta os tópicos máis frecuentes na súa época sobre as mulleres, recorrendo a figuras como María Pita ou Rosalía de Castro. En 1887 gañou con esta composición o certame de poesía "Cidade de Ourense" na honra do Padre Feixóo".

Colaborou en diversos xornáis como El Heraldo Gallego, Galicia recreativa ou o Álbum Literario, onde atopamos numerosas composicións da autora.

En 1906 Filomena Dato ingresou na Real Academia Galega como membro correspondente. Os últimos anos da súa vida viviu na Coruña, onde morreu o 27
de febreiro de 1926.


ENTORNO (LUGARES DE INTERESE HISTÓRICO)

Na parroquia de Piñor atópase a localidade de Santa Uxía na que hai os restos da ermida de Santa Ouxea ad portum abatís, o poboado de San Vicencio, a Fonte de Ana Manana, e Pedra Longa.

- A Igrexa de San Lourenzo de Piñor conserva restos románicos, o Pazo de Piñor que ten unha edificación auxiliar na que se atopa unha pequena capela adicada a San Roque.

- A Casona de Requeixo. No Monte Ladaiña en Piñor a capela da Virxe das Neves.

- Entre as localidades de Piñor e Parada a ermida de San Benito de Coba de Lobo. En Parada outros centros de interese son o Hórreo de San Antonio, a fonte do Mollón e os cruceiros de Barxa e a avenida de Cristo Rei.

- A Valenzá que é o núcleo máis poboado e moderno do municipio aínda conserva un apreciable casco histórico.

- Nas Lamas atopamos unha capela que dispón de varias tallas de virxes e santos entre as que destacan a de San Mamerto, San Pedro, San Miguel e Santa Bárbara todas de madeira e barrocas, o carón da capela podemos ver un cruceiro do 1637.

 

Máis información: www.barbadas.es

 

Distribuir contido


by Dr. Radut