Skip to Content

Normalización Lingüística

VÍDEO-CONTO DE SAMAÍN 5º B

Genially de Samaín

Día das bibliotecas escolares

CELBRACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

 

 

Hoxe, 22 de outubro,  celebramos no centro o Día das Bibliotecas escolares.

Contamos coa presenza de Justo Calviño e tres colaboradores que viñeron a escola a contarlles un conto do seu próximo libro, que leva por título "Contos do avó".

A actividade levouse a cabo só nos cursos de 4º e 5º de EP (por mor do protocolo Covid e dispoñibilidade horaria)  comezando por unha introdución o máis entretida posible sobre o noso concello  ao longo dos tempos, na que se mesturou historia, mitoloxía e humor. A continuación leuselles un conto do libro no que interviñan distintas personaxes e rematouse  cun turno de preguntas e reflexións.

Equipos de Dinamización da Lingua Galega - O Portal da Lingua Galega                                                Logos de Bibliotecas escolares | Bibliotecas escolares

SAMAÍN 2021

O SAMAÍN

 

Equipos de Dinamización da Lingua Galega - O Portal da Lingua Galega

 

EXPOSICIÓN  MONSTRUOSA

ACTIVA O TEU MAXÍN...

Monstruos con botellas de plástico - ManualidadesManualidades

   Con motivo do Samaín, imos celebrar unha exposición de mostros ou vasoiras máxicas, feitos con material de refugallo (botellas , cartóns...).

Prégrase non engadir ningún elemento natural perecedeiro na decoración do monstro ou vasoira.

O monstro ou vasoira debe levar o nome do alumno ou alumna e o curso. 

A data de entrega final é o 25 de outubro.

Os titores e titoras recollerán as creacións dos alumnos e alumnas nas aulas. 

 

RECUNCHOS CON ENCANTO

 

Estimadas familias:

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) estamos recompilando fotos, entre a comunidade educativa, de recunchos con encanto de Galicia para facer unha exposición fotográfica na entrada da escola. Poden ser fotos de paisaxes, naturais, monumentais... O formato da mesma, debe ser estándar (10 X 15 Cm aproximadamente), a cor e cunha pequena reseña na parte inferior indicando o lugar e a provincia a que pertence. Pola parte de atrás poremos o nome do neno ou nena e o curso no que está escolarizado. 

Entregaranse ao titor ou titora en formato impreso antes do 30 de setembro. Grazas pola vosa colaboración. 

Oferta aventura en Serra de O Courel 4 días. (Lugo) Galicia | Courel | Lugo  | Aventuras, turismo activo y despedidas de soltero en Galicia

Ex: Serra do Courel - Lugo

Benvidos

Logotipo - Edi Vieito

Dende o EDLG dámosvos a benvida  a un novo curso escolar onde atoparedes divertidas e variadas actividades para seguir medrando en galego e disfrutando da nosa fermosa cultura. Por suposto, estaremos encantados de escoitar e valorar aquelas propostas que desexedes plantexarnos. Feliz comezo a todos e todas.

Día das Letras Galegas 2021 (Ed. Primaria)

Día das Letras Galegas 2021 (Ed. Infantil)

 

Día das Letras Galegas

Este ano para conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado a Xela Arias, fixemos un mural coas aportacións de todas as aulas.

Quedou chulísimo!

Distribuir contido


by Dr. Radut