Skip to Content

Extraescolares e Complementarias

Ecoparque Marín

 A nosa empresa dispón de dous parques de aventura: o Ecoparque de Marín (Concello de Marín - Pontevedra)  e o Ecoparque de Atalaia, situado en Viascón (Concello de Cerdedo - Cotobade-Pontevedra).

 No ?ECOPARQUE MARÍN? pódense realizar circuitos en altura sobre as árbores,  actividades de hípica (paseos e rutas), rutas de sendeirismo, gincanas de xogos...

 No ?ECOPARQUE ATALAIA?  pódense realizar actividades de Paintball Adultos, Paintball Infantil o Familiar,  Kayak (libre o descensos), Rafting, Grand Prix, Escape Room e actividades de Hípica (paseos e rutas).

 No Ecoparque Atalaia tamén temos a Ecogranxa Atalaia  con animais autóctonos e coidada en Réxime ecolóxico , na que se poden realizar diferentes actividades en granxa e horto ecolóxicos, obradoiros...

 SERVIZO DE COMIDAS (merendas, comida picnic e menú)

 ALOXAMENTO (Cabañas de madeira, estamos traballando na PRÓXIMA APERTURA DO GLAMPING ?A CARBALLEIRA? donde disporemos de unha maior capacidade para atender as vosas necesidades)

692 847 622 ? 986 702 056

Horario de Reserva : Lunes-Viernes 09:30-13:30 // Sábados e  festivos 10:00-18:00

TÍTERES CONTACONTOS

 

Durante o curso pasado, (e con 18 anos de experiencia nas costas) Tarabelos (títeres e contacontos) achegouse a coles das catro provincias galegas cun novo formato que busca respectar os grupos burbulla facendo sesións cos diferentes grupos de nenos e nenas, co título "CONTOS NUNHA RODA". 
 
Un contador, un monociclo, un kamishibai cargado de ilustracións que falan de historias, percorre o cole contando para infantil e primaria. 
 
Iniciamos un novo curso con este e outros formatos de Títeres-contacontos que fan o repertorio da compañía, sempre buscando o xeito de cubrir as necesidades de cada centro. 

www.tarabelos.com

tarabelos@gmail.com
Telf: 655630239

ACUARIO DO GROVE

Estimado mestre,

Co comezo deste novo curso escolar 2021-2022 dende o Acuario de o Grove queremos seguir ofrecendo o noso programa de visitas e obradoiros educativos deseñado e adaptado ós diferentes niveis e idades dos escolares.

Se teñen calquera dúbida, precisan alguha  aclaración sobre as actividades ou queren facer a reserva poden facelo  enviando un correo electrónico a  reservas@acuariodogrove.es  ou a través do teléfono 986732327

VIAXE ILLA CORTEGADA

Desde Corticata Turismo Medioambiental, dirixímonos a vostedes para dar a coñecer a nosa ruta educativas pola Illa de Cortegada, por se lles fora de interese para posibles e futuras actividades dentro do curso escolar 2021-2022.

Somos unha empresa dedicada a educación ambiental, que quere poñer en valor as salientables características etnográficas e ambientais da ILLA DE CORTEGADA, que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, e da súa contorna, para asegurar a conservación dos seus valores naturais, así como a creación de hábitos saudables. 

Agardando ter chamado a súa atención sobre o noso proxecto educativo "CORTEGADA: O BOSQUE FLOTANTE", enviamos información adxunta que pode ser do seu interese. Ante calquera cuestión, non dubide en contactar con nós.

Tfno.  625 807 923 / 639 870 488

Tfno. Oficina: 986 56 56 04

Visita Mosteiro de Carboeiro

Un curso máis, enviámoslle información sobre a visita didáctica no Mosteiro de Carboeiro que ofrecemos aos centros educativos. Desde Tesouros novos pretendemos achegar a nosa historia ao alumnado dunha forma didáctica e amena e en contacto directo co patrimonio. Ademais queremos ser unha ferramenta complementaria para o profesorado.

Distribuir contido


by Dr. Radut