Skip to Content

Servizos Complementarios, Comedor, Transporte

INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2022-23

ESTIMADAS FAMILIAS:

Para facer do comedor escolar un espazo seguro, tranquilo e axeitado, poñemos a vosa disposición a normativa, o protocolo de actuación e as medidas que se tomarán en caso de que as normas non se cumpran.

RECORDAMOS QUE O COMEDOR É UN ESPAZO EDUCATIVO, QUE PERTENCE A UN CENTRO ESCOLAR, CUNHAS NORMAS QUE CUMPRIR.

GRAZAS A TODAS E TODOS!

 

NORMAS DO COMEDOR 2022-2023

 

MENÚ COMEDOR SETEMBRO 2022-23

IMPRESOS DE PAGO DO COMEDOR ESCOLAR - XUÑO 2022

XA ESTÁN DISPOÑIBLES no ESPAZO ABALAR os IMPRESOS DE PAGO do comedor escolar correspondentes ao mes de XUÑO.

As persoas que fagan o pago de forma presencial na entidade bancaria, poderán pasar pola Conserxería do centro a recoller os recibos dende hoxe, luns 27 de xuño e unha vez pagado, entregar o xustificante no centro.

Por favor, tede en conta, para o pago telemático, a información que vén a continuación.

É MOI IMPORTANTE que ao realizar o pago dende o Espazo Abalar,  NON se peche a páxina do CIXTEC mentres non remate o pago e a mesma páxina VOLVA ao Espazo Abalar, pois de pechala antes, o pago non quedará rexistrado na aplicación da Consellería.

As persoas que realicen o pago telemático NON terán que traer xustificante ao centro.

Sí que o terán que presentar os que fagan o pago de forma presencial na entidade bancaria.

INCUMPRIMENTO DAS NORMAS DO COMEDOR ESCOLAR

Estimadas familias:

Ante o reiterado incumprimento das normas do Comedor Escolar por parte do alumnado, principalmente de Educación Primaria (uso inadecuado da máscara, falar, molestar, desatender indicacións, xogar e tirar comida…), vémonos na obriga de empezar a aplicar as  medidas correctoras fixadas no apartado 10.2.2 das NOF (Normas de Organización e Funcionamento) do centro, dispoñibles na Páxina web do mesmo.

O alumnado que as incumpra levará para a casa un PARTE DE INCIDENCIAS que terá que ser asinado e devolto ao día seguinte polo pai/nai/titor/a legal. A acumulación de 5 partes poderá supoñer, entre outras medidas,  a suspensión do uso do servizo de Comedor  de 1 a 3 días .

Agradecemos a vosa colaboración, para facer do Comedor Escolar un espazo seguro,  tranquilo e axeitado para poder desfrutar da comida.

PAGO TELEMÁTICO DAS TAXAS DO COMEDOR

A partir deste curso, as familias que teñan que aboar as taxas polo uso do comedor, poderán facelo de forma telemática, seguindo as instrucións que aparecen no seguinte documento ou no vídeo que se adxunta.

 

 

REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS DO COMEDOR ESCOLAR

Co obxectivo de cubrir todas as necesidades de atención do comedor escolar, REÁBRESE o prazo de admisión de membros da comuidade educativa do CEIP Filomena Dato como colaboradores/as voluntarios/as nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2021-2022.

 

O prazo permanecerá aberto ata o 22 de decembro de 2021.

 

As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude que se adxunta e entregala na conserxería do centro. (Tamén se pode pedir unha copia en conserxería).

 

Os interesados/as NON poderán ter colaborado no comedor escolar máis de 36 días no curso 2020-2021.

 

As persoas que actualmente xa están colaborando ou que xa entregaron a solicitude para este curso, NON terán que volver a entregala.

 

Adxúntase tamén a Instrución 2/2021 sobre o funcionamento dos comedores escolares, no que se proporciona máis información sobre as funcións dos colaboradores, a cuantía a percibir por día de servizo e a forma de pago.

Distribuir contido


by Dr. Radut