Comeza o prazo para a presentación de solicitudes para o fondo de libros( de 3º a 6º de Primaria), para adquisición de libros de texto ( 1º e 2º de Primaria) e axuda para material escolar ( de 1º a 6º de Primaria).O prazo remata o 21 de xuño inclusive.
Nos adxuntos vai a información sobre a documentación a presentar, o modo de presentación e o impreso ( tamén se pode recoller no centro).
O horario para a entrega de solicitudes será de luns a venres de 9:00 a 10:00 e de 13:30 a 14:30 horas. Se non podedes nese horario, chamade ao centro para concertar cita.
Se tedes calqueira dúbida, poñédevos en contacto co centro.
Grazas de antemán.Un saúdo.
A Dirección