Skip to Content

Fervenzaventura 5º

Compartimos con vós as fotos de Fervenzaventura.

Facede click na imaxe e accederedes á galería

Fútbol sala

O xoves 30 de maio tivo lugar en Celanova as finais Benxamín e Alevín de fútbol Sala contra un cole de Celanova.

Os alevíns gozaron de máis sorte que os benxamíns.

O equipo alevín gañou nun partido que foi máis igualado do pensado.

Os benxamíns fixéronno moi ben e as nosas dúas xogadoras tamén tivero  o seu protagonismo.

Na foto accederedes a máis fotos do evento.

 

 

 

Correlingua

¡Que ben o pasamos o outro día no Correlingua!

Mágoa de que o tempo atmosférico non nos acompañara.

Xogos, manifestación, música...

Deixamos a imaxe do cartaz que se premedes iredes á galería de fotos.

Berces da Vida

O día 14 de maio o alumnado de 5º asistiu á Casa da Cultura para ver a exposición da man de Afundación "Berces da vida", na que os ecosistemas boscosos xogan un papel importante para a vida.

 

(Se premedes no collage accederedes á galería)

 

web da exposición aquí

Día das Letras Galegas 2024. Luísa Villalta

O alumnado de 6º de Educación Primaria A realizou este traballo en Canva para homenaxear a Luísa Villalta, escritora escollida para o día das Letras Galegas 2024.

 

 

Rosalía de Castro

O alumnado de 3º de Educación Primaria realizou este vídeo usando croma para conmemorar o día de Rosalía de Castro. 

saída de todo o centro (visita corpos e forzas de seguridade do estado)

05/06/2024 09:30
Atlantic/Bermuda

Lecturas conxuntas

Hoxe tivemos unha actividade de apadriñamentos lectores, onde o alumnado de maior idade lía un conto ao alumnado máis pequeniño. É unha das moitas actividades que facemos na Semana do Libro.

Calquera recuncho do noso centro era un bo lugar para a actividade.

 

 

* Como sempre, se premedes na imaxe accederedes á galería das fotos do momento

 

Curso cortadora plotter

Hoxe tivemos o profesorado unha formación de cortadora Plotter.

Visita museo da gaita de 3º

O martes 9 fixemos unha pequena saída en autobús con Catalina para visitar o Museo da Gaita de Barbadás.

A viaxe foi entetida, na que nos explicaron cousiñas sobre a gaita e tivemos obradoiros prácticos.

Merendamos e puidemos asistir ao salón de plenos do Concello, e alí estaban o alcalde e a concellal de educación.

 

Premede nos gaiteiros y bailaríns para acceder ás fotos.

Distribuir contido


by Dr. Radut