Skip to Content

Graduación 2024

Fondo solidario de libros de texto. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar.Curso 2024-2025(para Primaria)

Comeza o prazo para a presentación de solicitudes para o fondo de libros( de 3º a 6º de Primaria), para adquisición de libros de texto ( 1º e 2º de Primaria) e axuda para material escolar ( de 1º a 6º de Primaria).O prazo remata o 21 de xuño inclusive.

Nos adxuntos vai a información sobre a documentación a presentar, o modo de presentación e o impreso ( tamén se pode recoller no centro).

O horario para a entrega de solicitudes será de luns a venres de 9:00 a 10:00 e de 13:30 a 14:30 horas. Se non podedes nese horario, chamade ao centro para concertar cita.

Se tedes calqueira dúbida, poñédevos en contacto co centro.

Grazas de antemán.Un saúdo.

A Dirección

INFORMACIÓN

 

 Rúa do Ensino, 4

A Valenzá-Barbadás

Ourense 

Tlfno/Fax: 988244869 

e-mail:ceip.filomena.dato@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfilomenadato

 

    Centro adscrito ao IES "Xesús Ferro Couselo"

 

 

 

Calendario escolar 2024-25

HORARIO SECRETARÍA

 

HORARIO SECRETARÍA

DE LUNS A VENRES NO SEGUINTE HORARIO: 9:00 A 10:00 E DE 13:30 A 14:30

FÓRA DESE HORARIO, HABERÁ QUE CONCERTAR CITA

A TRAVÉS DO TELÉFONO DO CENTRO

Correlingua

¡Que ben o pasamos o outro día no Correlingua!

Mágoa de que o tempo atmosférico non nos acompañara.

Xogos, manifestación, música...

Deixamos a imaxe do cartaz que se premedes iredes á galería de fotos.

Berces da Vida

O día 14 de maio o alumnado de 5º asistiu á Casa da Cultura para ver a exposición da man de Afundación "Berces da vida", na que os ecosistemas boscosos xogan un papel importante para a vida.

(Se premedes no collage accederedes á galería)

 

web da exposición aquí

Día das Letras Galegas 2024. Luísa Villalta

O alumnado de 6º de Educación Primaria A realizou este traballo en Canva para homenaxear a Luísa Villalta, escritora escollida para o día das Letras Galegas 2024.

 

 

Rosalía de Castro

O alumnado de 3º de Educación Primaria realizou este vídeo usando croma para conmemorar o día de Rosalía de Castro. 

saída de todo o centro (visita corpos e forzas de seguridade do estado)

05/06/2024 09:30
Atlantic/Bermuda
Distribuir contido


by Dr. Radut