Skip to Content

Graduación 2024

Fondo solidario de libros de texto. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar.Curso 2024-2025(para Primaria)

Comeza o prazo para a presentación de solicitudes para o fondo de libros( de 3º a 6º de Primaria), para adquisición de libros de texto ( 1º e 2º de Primaria) e axuda para material escolar ( de 1º a 6º de Primaria).O prazo remata o 21 de xuño inclusive.

Nos adxuntos vai a información sobre a documentación a presentar, o modo de presentación e o impreso ( tamén se pode recoller no centro).

O horario para a entrega de solicitudes será de luns a venres de 9:00 a 10:00 e de 13:30 a 14:30 horas. Se non podedes nese horario, chamade ao centro para concertar cita.

Se tedes calqueira dúbida, poñédevos en contacto co centro.

Grazas de antemán.Un saúdo.

A Dirección

INFORMACIÓN

 

 Rúa do Ensino, 4

A Valenzá-Barbadás

Ourense 

Tlfno/Fax: 988244869 

e-mail:ceip.filomena.dato@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfilomenadato

 

    Centro adscrito ao IES "Xesús Ferro Couselo"

 

 

 

Calendario escolar 2024-25

HORARIO SECRETARÍA

 

HORARIO SECRETARÍA

DE LUNS A VENRES NO SEGUINTE HORARIO: 9:00 A 10:00 E DE 13:30 A 14:30

FÓRA DESE HORARIO, HABERÁ QUE CONCERTAR CITA

A TRAVÉS DO TELÉFONO DO CENTRO

Día das Letras Galegas 2024. Luísa Villalta

O alumnado de 6º de Educación Primaria A realizou este traballo en Canva para homenaxear a Luísa Villalta, escritora escollida para o día das Letras Galegas 2024.

 

 

Rosalía de Castro

O alumnado de 3º de Educación Primaria realizou este vídeo usando croma para conmemorar o día de Rosalía de Castro. 

saída de todo o centro (visita corpos e forzas de seguridade do estado)

05/06/2024 09:30
Atlantic/Bermuda

Lecturas conxuntas

Hoxe tivemos unha actividade de apadriñamentos lectores, onde o alumnado de maior idade lía un conto ao alumnado máis pequeniño. É unha das moitas actividades que facemos na Semana do Libro.

Calquera recuncho do noso centro era un bo lugar para a actividade.

 

 

* Como sempre, se premedes na imaxe accederedes á galería das fotos do momento

 

Curso cortadora plotter

Hoxe tivemos o profesorado unha formación de cortadora Plotter.

Distribuir contido


by Dr. Radut