Skip to Content

 

   

Religión Católica - Actividades del 11 al 15 de Mayo

Hola chicos/as de 5º curso.

Para esta semana os dejo una ficha muy sencilla.

También os dejo mi correo por si teneis alguna duda o quereis hablar conmigo.

    lolypaz@edu.xunta.es

Mucho ánimo !!!!

3º E. Primaria. Luns 11 de maio.

Ola familias!!

Empezamos unha nova semana con cambios moi positivos, ánimo que xa falta menos!!

  • Primeiro tedes Ciencias.
  • Contas da semana, recordade, dúas cada día.
  • Mates, seguimos coas rectas.
  • Castelá, traballo de gentilicios.
  • Galego, continuamos coa actividade TEI.

8ª TANDA ACTIVIDADES E. INFANTIL

Olaaa, bo día a todas e todos!!!

Aquí estamos de novo as mestras de E. Infantil para anunciarvos, aínda que seguramente xa o sabedes, que este ano o escritor homenaxeado no Día da Letras Galegas chámase Ricardo Carvalho Calero e naceu en Ferrol. Por este motivo consideramos que debe ser unha conmemoración moi, moi, pero que moi especial; aínda que continuemos en estado de alarma e non esteamos no cole.

É por iso que esta semana fixemos unha ampla selección de recursos e actividades para coñecer mellor a este gran escritor ferrolán, que esperamos vos gusten.

Para comezar, un vídeo sobre a súa vida e a súa obra (biografía) protagonizado por algúns dos seus descendentes e un album de fotos elaborado polo Seminario Galán:

                                                                 

 

Se queres lembrar e practicar o que acabas de ver e escoitar clica aquí.

Sabias que unha das obras máis coñecidas de Carvalho Calero é un conto baseado nas súas propias experiencias de cando era neno?. Se queres desfrutar dunha adptación para os nenos e nenas de E. Infantil, clica no vídeo. Ao lado dereito atoparás actividades interactivas sobre o conto.

                                                                            

Actividades por niveis en liña e para imprimir do Seminario Galán:  

  • 3 anos: clica aquí para resolvelas en liña, ou neste enlace se queres imprimir algunha ficha.
  • 4 anos: clica aquí para resolvelas en liña, ou neste enlace se queres imprimir algunha ficha. 
  • 5 anos: clica aquí para resolvelas en liña, ou neste enlace se queres imprimir algunha ficha.

Para rematar propoñémosvos un xogo de retos (clica no altofalante para comezar).

Mirade que traballo máis chulo fixo o alumnado de 5º do noso cole para presentar ao concurso XX Certame de creación artística Poesía e Imaxe. Lembrade que tedes ata o día 14 para enviar as gravacións do de Uxía Lambona (clica aquí para ver as instrucións).

                                                               

Moitos bicos de parte das profes!!!BesoBesoBesoBeso 

Religión Católica - Actividades del 11 al 15 de Mayo

Hola chico/as de 6º

Para esta semana os dejo una ficha muy sencilla.

También os dejo mi correo por si teneis alguna duda o quereis hablar conmigo.

   lolypaz@edu.xunta.es

Mucho ánimo ........!!!

 

PRE-PRIMARY ENGLISH WORK 11TH-14TH OF MAY

This week we're going to remember MY FAMILY & TOYS

'Imos lembrar o estudado ao longo da unidade 2'

3 year olds

4 year olds

5 year olds

música das letras galegas 4º

UXÍA LAMBONA PARA OS NENOS E NENAS DO COLE DE ESTEIROGuay

 

ESTIMADAS FAMILIAS

 

 Este ano temos unhas Letras Galegas un pouco especiais,  a homenaxe ao noso paisano, o gran escritor Ferrolán Carvalho Calero pospúxose para o mes de outubro, pero nós imos pasalas confinados, o cal non é motivo para facer algo especial pola nosa lingua.

 

Dende o CEIP Esteiro acollémonos a unha iniciativa intercentros nas que propoñemos que nos quitemos as mascariñas e cantemos unha canción en Galego con toda a familia.

 

Gravade a canción VERDESCENTE de Uxía Lambona e banda molona, podedes facer un vídeo coa base musical que vos facilitamos (cortesía da propia banda), ou por riba da propia voz da cantante coa canción orixinal, podedes gravar a canción e facer unha montaxe con fotografías, acompañar con instrumentos ou calquera outra cousa que se vos ocorra. Botádelle imaxinación!!!!

 

Logo, cando a teñades lista podedes enviala ao noso correo do cole: ceip.esteiro@edu.xunta.gal, antes do 14 de maio de 2020, para darnos tempo a crear o enlace e compartilo con todos os nenos e nenas dos outros centros participantes.

 

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!!

E SOBRE TODO LEMBRADE QUE O GALEGO É UN TESOURO QUE TEMOS TODOS E TODAS!!!

 

Traballo de Inglés para a semana do 11 ao 15 de maio

Para acceder ao traballo de Inglés da semana do 11 ao 15 de maio,

FAI CLICK AQUÍ.

 

 

Lembrade que para calquera dúbida ou cousa podedes contactarme

en nachoteacher123@gmail.com

Tarefa de inglés para a semana do 11 ao 15 de maio.

Para ter acceso as tarefas e videos de inglés da semana do 11 ao 15,

fai click aquí

 

 

Lembrade que para calquera dúbida ou cousa podedes contactarme

en nachoteacher123@gmail.com

Traballo de Inglés para a semana do 11 ao 15 de maio

Clicka AQUÍ para obter as fichas e os videos.

 

 

 

Lembrade que para calquera dúbida ou cousa podedes contactarme

en nachoteacher123@gmail.com

Un saúdo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut