Skip to Content

 

   

DÍA DA INTERCULTURALIDADE 2021: VIETNAM

Este ano a pesar das circunstancias non queriamos deixar pasar a oportunidade de celebrar a nivel de titoría o Día da Interculturalidade.

Agora tócanos ou mellor dito tocoulle a Pepe falar de Vietnam, que nos presenta este vídeo para que saibamos algo máis sobre este país asiático.

MULLERES PIONEIRAS

Este ano aproveitamos o Día da Muller e a nena na ciencia para comezar cun proxecto que gustou a nenos/as e maiores.

Aproveitando a data do 8M fixemos unha montaxe con todas aquelas aportacións das distintas aulas.

Noraboa a todas e todos polo esforzo. 

O MOUCHO BAILA

Aquí queda o baile do MOUCHO BAILA.

ROSALÍA DE CASTRO

O alumnado do colexio traballou a figura ilustre na nosa Rosalía de Castro.

Aquí tedes unha mostra dese esforzo.

PREMIO XX Certame de poesía e imaxe, En galego, sen filtro 2020

O traballo realizado polo alumnado de 5º de Educación Primaria do ano pasado na categoría de Audiovisuias foi premiado.

Noraboa a todo o alumnado e a inestimable axuda de Daniel Agulló. 

 

CHARLA SOBRE O PAPEL DA MULLER NA CIENCIA

O xoves 18 de febreiro teremos a gran sorte de contar cunha ex-alumna do noso centro que xa apuntaba maneiras no pasado. 

Lucía Toval Barcelo e o seu compañeiro Brais Romalde Campos, alumno do IES Sofía Casanova empregan un software KNIME para o diagnóstico de pacientes con Párkinson empregando gravacións de voz. 

(fonte: Enfoques.gal)

Agradecemos enormemente que veña de novo ao noso colexio para compartir co alumnado de 5º e 6º a importancia da ciencia e das figuras femininas na mesma. 

Información de interese:

  1. Código cero
  2. Enfoques.gal
  3. Knime (en inglés)
  4. Que é o Párkinson?

 

DÍA DA MULLER NA CIENCIA 2021

Este ano as nenas e nenos do colexio traballaraon unha serie de figuras femininas que destacaron e aportaron o su gran de area ao campo da ciencia.

Aquí tedes o traballo, desfrutade!

 

COLABORACIÓN COA EMPRESA PCE IBÉRICA S.L.

Grazas á doazón da empresa PCE IBÉRICA S.L., contamos no centro cun medidor de CO2 que nos permite medir a calidade do aire no interior do centro de cara a realizar as ventilacións oportunas

DÍA DA PAZ 2021

Este ano non poidemos facer un acto colectivo entre tódolos grupos do colexio, pero si traballamos esta data tan sinalada dende cada titoría traballando os distintos símbolos que representan a palabra e o termo PAZ. 

Grazas a páxina de UNICEF poidemos facer unha análise previa para ver estes símbolos e escoller por aulas o que máis gustaba. 

Aquí tedes algunhas cousas fermosas que fixeron as titorías:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut